Page 89 - index
P. 89




89




Aplicando o mesmo trazado pero con razón de semellanza 3/2 podes ver que a fgura semellante resultante é maior
que a orixinal pois o resultado da división é maior que 1.


















ESCALA

Escala: É a relación ou proporción que existe entre dous elementos. É un cociente onde o numerador representa o noso
debuxo e o denominador a realidade. Como xa dixemos, escala é sinónimo de semellanza directa, polo que un debuxo
a escala é igual ao elemento debuxado pero de diferente tamaño.
Escala de redución: É a máis usual, na que o debuxo é máis pequeno que o elemento real representado. 1/50, 2/7,
1/10.000, etc. Úsanse en debuxos de arquitectura, urbanismo, enxeñería, etc.
Escala de ampliación: É aquela na que o debuxo é máis grande que o elemento real representado. 10/1, 10.000/1, etc.
Úsanse en debuxos de microprocesadores, circuítos impresos, reloxería, nanotecnoloxía, etc.

Unha escala gráfca é unha regra debuxada coa que poderemos poñer as medidas nun debuxo a determinada escala. No
obxecto real tomaremos as medidas con unha regra normal ou con un calibre e, no noso debuxo, as poñeremos coa nosa
escala gráfca debuxada. Deberá permitirnos medir en décimas de unidade (con un decimal) polo que deberemos debuxar
a “contraescala” para ter a unidade de medida dividida en dez partes iguais.

Construción dunha escala gráfca:
Supoñamos que queremos facer a escala gráfca 1:75. Poderiamos dividir 1 centímetro en 75 partes iguais e cada unha
de esas partes sería 1cm a escala 1:75; obviamente isto non é posible, máxime tendo en conta que deberemos facer a
contraescala. É necesario chegar a unha unidade de medida que poidamos manexar con exactitude.
Para chegar á unidade axeitada facemos unha táboa: Á esquerda poñemos a unidade de partida no debuxo (1cm) e, a
dereita, a unidade na realidade. 75cm son o mesmo que 7,2dm, e o mesmo que 0,75m. Deberemos entón dividir 1cm en
0,75 partes, para o cal tomamos (utilizando o teorema de Thales) 7,5cm que o unimos co extremo do centímetro de partida
e trazamos unha paralela pola medida de 10cm que corresponde a unidade na nosa escala gráfca.
Levamos varias veces a medida da unidade cara a dereita (as que entren na folla de debuxo) e unha á esquerda que é a
que dividiremos en 10 partes iguais para facer a contraescala.
Para medir coa nosa escala gráfca deberemos facelo do revés de cómo o facemos normalmente: Para medir 6,3 metros,
poñemos o inicio na unidade enteira 6 e o fnal na 3ª división da contraescala.
É fundamental non esquecer poñer a unidade na nosa escala gráfca (no noso caso metros) porque do contrario non
saberiamos en qué estamos a medir.
   84   85   86   87   88   89   90   91   92   93   94