Page 71 - index
P. 71




71




OCTÓGONO REGULAR

Trazar un octógono regular de lado AB.
Trazado:
1.- Trazamos unha recta calquera r e, sobre ela, levamos o lado AB dado.
Facemos a mediatriz do lado AB e obtemos o punto C.

2.- Con centro en C e raio CA trazamos un arco que cortará á mediatriz no punto D.
Con centro en D e raio DA trazamos un arco que cortará á mediatriz no punto O, centro da circunferencia na que estará
inscrito o octógono.
3.- Con centro en O e raio OA trazamos a circunferencia.
Levamos a medida do lado AB co compás a partir dos puntos A e B e teremos o noso octógono regular.
   66   67   68   69   70   71   72   73   74   75   76