Page 69 - index
P. 69




69




TRAZADO DE POLÍGONOS REGULARES DADO O LADO


Vexamos agora os métodos particulares do trazado de polígonos regulares dado o lado:

TRIÁNGULO EQUILÁTERO

Trazar un triángulo equilátero de lado AB.
Trazado:
1.- Trazamos unha recta r calquera e levamos nela a distancia AB.
2.- Con raio AB e centro en B trazamos un arco.
3.- Co mesmo raio AB e centro en A cortamos ao arco anterior no punto C.
Unindo A con B e con C teremos o noso triángulo equilátero.
















CADRADO

Trazar un cadrado de lado AB.
Trazado:
1.- Trazamos unha recta r calquera e levamos nela a distancia AB.
2.- Trazamos, co escuadro e o cartabón, unha perpendicular ao lado polo punto A, e outra polo punto B.
Sen mover o cartabón, xirando o escuadro trazamos unha liña de 45º co lado da base dende o extremo A, obtendo o
punto C.
3.- Sen mover o cartabón, e xirando de novo o escuadro, trazamos unha paralela ao lado AB polo punto C, obtendo
así o punto D.
Unindo os puntos A, B, C e D teremos o cadrado.
   64   65   66   67   68   69   70   71   72   73   74