Page 56 - index
P. 56




564 4.- O USO SALVAXE DA COR




Houbo na historia da arte un movemento artístico que levou o uso da cor á sua máis outa expresividade e intensidade; ese
movemento foi o FAUVISMO (do francés fauve, fera ou animal salvaxe) que evolucionou a partires do impresionismo,
que xa tiña unha grande interese pola luz e polas cores.
Os fauvistas, empezando por Matisse, empezaron a usar as cores como elemento de interese principal nas súas pinturas,
mesmo chegando a pintar con cores irreais os obxectos, que non tiñan esa cor na realidade. Un bo exemplo son as vacas
amarelas ou azúis de Franz Marc ou as paisaxes cheas de cor de Matisse.
Os fauvistas gustaban da cor pola cor e, en consecuencia, dos contrastes extremos, do uso de cores complementa-
rias e, en xeral, da intensidade cromática nas súas pinturas.


HENRI MATISSE

Henri Matisse (Francia 1869 – 1954) é un dos mestres in-
discutibles das vangardas da primeira metade do século XX.
Impresionista destacado evolucionou cara ao fauvismo cun
uso libre e salvaxe da cor. Máis tarde seguiu evolucionando
cara a abstracción e foi, de feito, precursor do cubismo e
da arte abstracta. Como dixo del Picasso: “Matisse é o pai
de todos nós”.
En todas as obras que vemos aquí destaca o uso libre da
cor (tanto ten as cores que teñen os obxectos ou as paisaxes
reais) con fortes contrastes, en particular contrastes entre
cores complementarias para resaltar a intensidade fnal das
composicións.







Vista de Collioure H. Matisse. 1906












Dúas mulleres nun interior Ventá aberta A danza
amarelo e vermello H. M. 1947 H. Matisse. 1905 H. Matisse. 1910

FRANZ MARC

Franz Marc (Alemania 1880 – Francia 1916) gustaba
moito da natureza e dos animais aos que plasmou en
moitas das súas obras. O seu uso “salvaxe” da cor o
vemos nestes exemplos.
En vaca amarela, vermella e verde vemos, outra vez,
unhas vacas de cores irreais e unha composición ba-
seada en contraste de cores.
En cabalo azul I vemos, ademais dun irreal cabalo de
cor azul, un uso moi intenso da cor por contraste de
complementarios: O vermello e o verde, o amarelo e o
violeta e o azul e o laranxa ou maxenta da parte inferior
do cadro.
En Cabalo na paisaxe vemos, de novo, un irreal caba-
lo vermello e unha paisaxe con contraste dos comple-
mentarios verde – vermello sobre un campo amarelo
que contrasta co verde, o azul e o vermello.
Vaca amarela, vermella e verde Franz Marc. 1912
   51   52   53   54   55   56   57   58   59   60   61