Page 52 - index
P. 52




524 2.- CORES LUZ E CORES PIGMENTO




CORES LUZ (RGB)

As cores que saen dun foco de luz que, como xa dixe-
mos, funcionan coa síntese ou MESTURA ADITIVA por-
que cantos máis focos de luz mesturemos teremos máis
luz ou sexa máis cor.
Nos programas informáticos de tratamento de imaxes ou
nos manuais técnicos ás cores luz as denominan coma
RGB que corresponde ás iniciais en inglés de Red (ver-
mello), Green (verde) e Blue (azul).

CORES PRIMARIAS

As cores primarias, como o seu nome indica, son aque-
las que non podemos obter pola mestura de outras; to-
das as demais cores as obtemos de mesturar, en di-
ferentes porcentaxes, as cores primarias.
As cores luz primarias son o vermello o verde e o azul.


CORES SECUNDARIAS
As cores secundarias son as que obtemos ao mestu-
rar dúas primarias na mesma porcentaxe de ambas as
dúas:
Vermello + verde = amarelo
Vermello + azul = maxenta
Azul + verde = Cian


O Azul é máis ben o que poderiamos chamar azul - violeta ou violeta e o cian (ou ciano) é o que podemos chamar azul
ceo ou azul claro. A cor maxenta é algo parecido á cor rosa.
Como podes comprobar na páxina seguinte, as cores primarias pigmento (amarelo maxenta e cian) son as cores
secundarias luz, e viceversa.

CORES COMPLEMENTARIAS


Cada cor primaria (azul, verde e vermello) ten unha cor complementaria que é a cor que non ten nada da primaria pois
é a cor secundaria formada da mestura das outras dúas cores primarias.

A complementaria da verde é a maxenta, que está formada pola mestura da azul e a vermella.
A complementaria da azul é a amarela, que está formada pola mestura da verde e a vermella.
A complementaria da vermella é a cian, que está formada pola mestura da azul e a verde.
A mestura das tres cores luz primarias da a luz branca (que contén todas as cores); como consecuencia, ao mesturar
unha cor coa súa complementaria tamén obtemos a cor branca pois estamos a mesturar as tres core luz primarias.
   47   48   49   50   51   52   53   54   55   56   57