- O Método Takedinorum fundaméntase en 5 principios metodolóxicos:
- 1. A coordinación entre a voz e o xesto:
- Por un lado, a voz conduce ao corpo: cando vocalizo unha sílaba ao mesmo tempo que fago un xesto percusivo, a voz conduce ao corpo no seu movemento ata un obxectivo.
- Por outro, a miña memoria retén ambos procesos asociados un ao outro, puidendo incluso chegar a imaxinar os xestos coas súas sílabas. O meu cerebro vai acumulando un vocabulario de secuencias corporais.
- Pouco a pouco vou desenvolvendo a psicomotricidade xeral do corpo, potenciando a memoria mental e corporal e establecendo novas conexións entre corpo e mente.
- 2. A simplifcación dos xestos corporais:
- Aínda que os xestos de percusión corporal son ilimitados os organizamos en 5 zonas, asociando unha vogal para cada zona.
- 3. A secuenciación e progresividade dos contidos:
- Os vídeos traballan desde o máis simple, a sílaba individual asociada ao seu xesto, ata o máis complexo, secuencias longas de sílabas cos seus xestos.
- Ímonos atopar 4 niveis de complexidade: sílabas, palabras, frases e coreografías.
- 4. Aprendizaxe por imitación versus aprendizaxe creativa:
- Durante o visionado do vídeo o alumno está activo imitando, para o cal utiliza a súa memoria corporal a corto plazo. Nos vídeos tipo rutina, secuencia ou coreografía, as secuencias repítense reforzando a memoria a corto plazo e por tanto a aprendizaxe.
- Nos vídeos tipo exploración aparecen numerosas secuencias, o cal impide acomodarse nunha soa fomentando así unha actitude exploradora e creadora. O profesor debería fomentar que o alumno crease novas secuencias sobre a marcha (improvisación). Cando este obxectivo se consegue é porque o alumno ten asimilado e interiorizado os movementos.
- 5. Aprendizaxe individual versus aprendizaxe colectiva:
- A aprendizaxe que sucede dentro dun grupo é diferente á aprendizaxe que sucede durante o estudo individual. A enerxía do grupo, a interacción entre os participantes, a imitación mutua entre iguais, todos eses factores incrementan o nivel de motivación do alumnado.
- Dentro dunha sesión de grupo pódense romper as dinámicas provocando que sucedan tipos de aprendizaxe diferentes: por exemplo, traballar cos ollos pechados estimula a interiorización individual. Por exemplo, cambiar ao líder ao que imitamos modifca as relacións entre os participantes, desperta a atención e estimula unha actitude moi activa cara ao aprendizaxe.
- O Método Takedinorum organíza en 5 niveis de aprendizaxe:
- Nivel 1: Secuencias corporais con 1 soa vogal (zona corporal), usando os pés só para levar o pulso, non para elaborar secuencias rítmicas.
- Nivel 2: Secuencias corporais con 2 vogais (sen pés nas secuencias, só para levar o pulso).
- Nivel 3: Secuencias corporais con 3 vogais (sen pés nas secuencias, só para levar o pulso).
- Nivel 4: Secuencias corporais nas que interveñen os pés coma un xesto máis.
- Nivel 5: Construcción de coreografías, é dicir, sucesións de secuencias ben estructuradas.
subir