Saltar la navegación

Obxectivos

  • Ofertar ao profesorado e ao alumnado unha serie progresiva e secuencial de recursos en rede, para empregar na aula de forma colectiva ou no seu traballo individual en casa, co obxecto de desenvolver o Método Takedinorum para a aprendizaxe da percusión corporal con voz.
  • Esta serie de recursos concrétase nunha colección de 21 vídeos de entre 4 e 10 minutos, cos seus materiais complementarios, que poden ser empregados en diferentes niveis de aprendizaxe:
    • Pódese facer un uso superfcial e rápido de cada vídeo, nun momento da sesión lectiva, ou ben profundizar a través dos materiais complementarios e das suxerencias e propostas que se ofrecen en cada unidad.
  • Aprender os xestos básicos da percusión corporal coa súa vocalización.
  • Empregar estos xestos para a interpretación de secuencias cada vez máis complexas de maneira progresiva.
  • Desenvolver a psicomotricidade necesaria para coordinar a voz coas mans e cos pés.
  • Desenvolver a percepción sensorial do pulso e do ritmo a través do movemento, do uso da voz e da escoita activa.
  • Aprender o sistema de notación proposto para a escritura da percusión corporal.
  • Usar o corpo coma un medio para achegarse a músicas de diferentes estilos.