Saltar la navegación

Competencias Clave

CCL (Competencia en comunicación lingüística):

  • O Método Takedinorum parte do uso de sílabas rítmicas, é dicir, coa voz guiamos ao noso corpo. Este procedemento desenvolve unha conexión entre voz e corpo que terá sen dúbida o seu efecto, por exemplo, cando tratemos de falar en público, usando o corpo dunha maneira consciente para transmitir emocións e expresar contidos.
  • Ademáis, os exercicios Takedinorum funcionan en realidade como exercicios de logopedia, desenvolvendo a dicción en xeral.

CM (Competencia Matemática):

  • Calquera traballo rítmico está relacionado sen dúbida coa competencia matemática xa que o ritmo non é máis que unha organización numérica do tempo.
  • Constantemente estamos contando pulsos, compases, estructuras, xestos, divisións do tempo... A través destas dinámicas adquirimos unha visión estructurada e organizada da realidade temporal.

CAA (Competencia de aprender a aprender):

  • A metodoloxía que emprego é secuencial, é dicir, estructuro cada problema en secuencias e resolvo as difcultades de aprendizaxe por orde. Non se trata só de aprender unha secuencia concreta senón de aprender a abordar os problemas psicomotrices e rítmicos que van xurdindo e resolvelos de xeito organizado e progresivo, do máis simple ao más complexo.

CSC (Competencia social e cívica):

  • A maior parte da aprendizaxe sucede no grupo traballando en círculo. O alumnado imita ao profesor ou ao profesor virtual no tutorial que se proxecta na aula. A/o alumna/o copia das/os compañeiras/os, as/os observa, identifícase cos seusmovementos e problemas psicomotrices. Trátase dunha aprendizaxe colectiva que non sucedería de xeito tan efcaz fóra do contexto social da clase.
  • Durante unha sesión Takedinorum cambia a relación social entre os participantes, xa que cambian os roles de cada un deles.

CSIEE (Sentido da iniciativa e espírito emprendedor):

  • Entendo que a creatividade en xeral e a creatividade artística en particular fomentan a iniciativa e o espírito emprendedor, xa que calquera proxecto xurde da xeración de ideas e da súa concreción e materialización, por exemplo, en obxectos artísticos. A diferencia entre a arte pura e o mundo do emprendemento quizáis sexa que na arte pura o obxecto da creatividade é satisfacer a necesidade de expresión do individuo, sen máis, tendo como consecuencia o seu crecemento persoal, mentras que no contexto do emprendemento ao que se refre esta competencia o obxecto é, en gran medida, o progreso económico do individuo.
  • Na miña metodoloxía a improvisación musical ten un papel importante. Co material aprendido o alumno creará novos patróns rítmicos sobre a marcha, en esto consiste a improvisación, empezando por modelos moi sinxelos e con moitas pautas.

CCEC (Competencia da conciencia e expresións culturais):

  • A aprendizaxe da música a través do movemento ten como consecuencia a toma de conciencia do valor da música como expresión individual e colectiva. A técnica aprendida aplícase para acompañar ou interpretar todo tipo de músicas: de distintos períodos históricos, de distintas tradicións culturais, de distintos estilos... sempre dende o respecto e o acercamiento cara ao diferente, tendo como un dos seus obxectivos abrir a mente a novas experiencias.

subir