Saltar navegación

Banco de Recursos

    Este apartado está pensado para aqueles de vos que precisedes máis información sobre o LMMS, que queirades saber cales foron as fontes empregadas para a elaboración dos videotitoriais ou, en todo caso, a onde dirixirse se o que queredes é continuar avanzando na súa aprendizaxe ou preferides buscar outro tipo de enfoque, máis axeitado ás vosas cualidades e ó voso xeito de aprender.

    Déixovos unha táboa onde poderedes observar recursos de diferente tipoloxía, co enlace web onde poder achegarvos a eles e unha pequena valoración nosa en relación ó recurso proposto.