Obxectivo:
Imos a facer as seguintes pezas!

Ferramentas:
Estas ferramentas son as que usaremos para dar volume os nosos esbozos.
A ferramenta <<Revolution>>, é a que imos a utilizar nesta práctica. Permite dar volume á xeometría 2D creada coa lonxitude desexada, nunha dirección concreta e, se fose preciso, con ángulo de saída.
Podemos delimitar o alcance da nosa revolución. Se fas clic na frecha da dereita de Full, aparecen varias opcións:
- Full: rota o perfil 360º, creando unha figura de revolución completa.
- One direction: o perfil revoluciónase un ángulo dado e nunha dirección dada.
- Symmetric: o perfil revoluciónase un ángulo dado simetricamente dende o plano no que está contido. (OLLO, se se pon 50º, revolucionará 25º nunha dirección e 25º noutra).
- Two directions: o perfil revoluciónase en dúas direccións a partir de dous ángulos dados, un para cada dirección e partindo sempre dende o Sketch.
Esta mesma ferramenta permite facer a operación contraria, que é facer buracos a partir de xeometría 2D nun sólido.
Práctica:
Imos xa a debuxar!
- Abre a túa conta en Onshape, no botón <<Create>>, crea un novo documento co nome Revolucion.
- Crea un novo Sketch, no botón <<Sketch>>.
- Selecciona o plano onde imos a traballar, neste caso en Right. Fai clic co botón dereito encima do plano Sketch 1, e selecciona <<View normal to Sketch plane>>.
- Debuxa un rectángulo cun dos seus lados coincidente co eixe Z, de 25mm x 35mm.
Xa temos o noso esbozo pechado que se revolucionará.
Revolución!
- Necesitamos o eixe de revolución. Para facelo, fai clic na ferramenta <<Construction>>, e seguidamente debuxa unha liña coincidente co eixe Z (lembra que é unha liña auxiliar, aparece —·—·—·—·—·— con este aspecto). Xa estamos listos para darlle volume!
Lembra cambiar a túa vista a Trimétrica. 
Fai clic na frecha da dereita da ferramenta de <<Extrude>>, e selecciona <<Revolve>>- Imos a crear un sólido novo.En Face and sketch regions to revolve, seleccionamos o sketch 1.
- En Revolve axis, seleccionamos a liña auxiliar debuxada. Nós imos seleccionar Full, e xa temos o noso cilindro!

Ver en Onshape
Exercicios complementarios
Crea os seguintes sólidos

Reto
Serás capaz de crear a seguinte figura?
Dúas pistas: Utiliza a ferramenta <<Text>>, no skecth para escribir a palabra Revolución.
Fíxate nestas opcións
