Descrición
Estas ferramentas permiten dar relacións a xeometría 2D que non pode ser dada a través de cotas, como poden ser, relacións de tanxencia, de coincidencia, de paralelismo…
Son necesarias para ter correctamente definido os nosos Sketchs.
Antes de dar a relación é necesario ter os elementos seleccionados.
Coincidencia
![]()
Esta primeira relación é de coincidencia, que se poderá dar entre punto e recta, punto e punto, punto e curva, recta e recta…
Hai situacións nas que esta relación non se poderá usar, en casos lóxicos, onde é xeometricamente imposible que sexan coincidentes dúas xeometrías.
Concentricidade
![]()
Esta relación permite facer concentricidades, que habitualmente serán entre circunferencias e arcos.
Non se poderá facer concentricidades con figuras que non teñen centro.
Paralelismo
Esta relación é a de paralelismo, coa que poderemos facer que liñas sexan paralelas.
Tanxencia
![]()
Esta ferramenta da relación de tanxencia, xa pode ser entre liña e curva, liña e circunferencia, circunferencia e circunferencia…
En moitos casos é necesario prolongar a liña que se lle da tanxencia, pois que sexa tanxente non quere dicir que sexa coincidente.
Horizontal
![]()
Esta ferramenta fai que unha liña sexa horizontal, é dicir paralela a liña de terra do Sketch.
Vertical
![]()
Esta ferramenta fai que unha liña sexa vertical, é dicir perpendicular a liña de terra do Sketch.
Perpendiculares
![]()
Esta ferramenta fai que dúas liñas sexan perpendiculares entre elas.
Mesma lonxitude
![]()
Esta relación fai que dúas rectas ou arcos teñan a mesma lonxitude.
Punto medio
![]()
Esta relación fai que un punto sexa punto medio de unha recta ou unha curva.