Tipo adherencia da placa de impresión
Estes parámetros controlan a creación dunha base situada arredor da nosa peza, o cal mellora a adherencia contra a mesa.
- Balsa (Raft): Créase unha lámina de espesor configurable debaixo da peza.
- Falda (Skirt): A peza apóiase directamente sobre a mesa. Refírese a unha forma que debuxa o extrusor antes de empezar a imprimir a peza, marcando un recinto no que estará a mesma. Serve para darlle tempo ao extrusor para empezar a extruír ben antes de comenzar.
- Borde (Brim): Créase un perfil do espesor da primeira capa de impresión que rodea a nosa peza.
Estes soportes xeran engadidos que posteriormente teremos que eliminar, e non é doado, pois soe quedar un mal acabado, supoñen un maior consumo de material, maior tempo de impresión, etc. Como consello recomendamos non usalos, gás a opción Skirt.


