Para referirnos os sons individuais que forman melodías de calquera peza empregaremos o cifrado melódico, no que a cada nota da escala correspóndelle un número cun acento circunflexo(1, 2, 3, etc).
Se a melodía é ascendente e remata no son 1, ou ben se é descendente comezando neste son, podemos empregar o 8 como sinónimo do 1. Este cifrado melódico xa se empregaba polos compositores da música do dodecafonismo.
Se temos alteracións nas notas, engadiremos frechas ós números, dirixidas cara arriba (↑) para alteracións ascendentes (♯, x) ou cara abaixo (↓) para alteracións descendentes (♭, ♭♭).
As tonalidades dos fragmentos estarán representadas de maneira abreviada só ca nota da tónica seguida de dous puntos. Para diferenciar o modo da tonalidade usaremos a minúscula para o menor e a maiúscula para o modo maior.
Escoita e canta
Agora para familiarizarte co cifrado de melodías reproduce o seguinte vídeo. Presta atención aos números, aos ángulos e á súa relación cas notas da melodía.
L.V. Beethoven. Sonata para piano op. 13 “Patética”: Adagio cantabile, cc. 1-8
Fíxate na dirección das alteracións. O habitual na música tonal é que as alteracións sigan a mesma dirección cara a nota mais próxima.
Por exemplo, como o 5↑ do cuarto compás é ascendente segue subindo ao seu número mais preto, que é o 6. Sen embargo, o 1↑ do compás sexto non resolve no seu 2 senón que se afasta cara o 4, resolvendo esa sensible de xeito irregular e producindo (la♮ - re♭) un intervalo melódico especialmente disonante que resulta expresivo neste contexto, a 4ª diminuída.
A sensible
De todas as notas dunha melodía tonal que non teña alteracións, o número 7 ten unhas características especiais, xa que é o son que está mais preto do número 1 (ou 8), e a súa tendencia natural é ir cara este son de tónica.
A percepción auditiva de este son, denominado sensible é a de “necesitar“ a escoita mais ou menos inmediata da tónica.
No modo maior a sensible está contida de forma natural na súa escala e, polo tanto, represéntase só co número 7.
Así e todo, no modo menor temos que alterar o sétimo grao para que sexa sensible. Por ese motivo, representaremos este especial son no modo menor cunha frecha cara arriba, que indicará, ademais da existencia dunha alteración, a súa tendencia de resolución ascendente.7↑
Escoita e canta
Para que te familiarices co uso do cifrado melódico da sensible nos distintos modos maior e menor, reproduce o seguinte vídeo no que aparece a sensible en dous contextos, primeiro en Re maior e despois en re menor. Fíxate na diferencia de cifrado en cada caso.
F. Schubert. Viaxe de inverno D. 911 (Op. 89): Boas noites, cc. 94-100
De igual xeito que escribimos o ♯ no "do" do penúltimo compás en re menor, tamén poñemos a frecha que ascende ao carón do 7. Como o comezo do exemplo está en Re maior, o do♯ é unha alteración propia de armadura e, polo tanto, unicamente poñemos o 7, sen frecha ningunha.
O sétimo grao
Debido ás características do modo menor, podémonos toparnos con dúas posibilidades de sétimo grao, a mencionada sensible ou ben a nota que dista un ton da tónica, e polo tanto xa perde o seu poder de atracción fronte a ela. Distinguiremos os dous sons polo cifrado melódico; mentres que na sensible a distancia de semitón levará a frecha, o sétimo grao a distancia de ton non a levará.
Reproduce o seguinte vídeo e compara as diferencias de sonoridade do son número 7 na melodía en modo menor do seguinte exemplo.
J. Brahms. Intermezzo op. 116 nº 2, cc. 1-9
Namentres a sensible é unha das notas mais usadas é asociada harmonicamente ca función da dominante, o sétimo grao é moito menos empregado e a súa función harmónica non ten que ver con esta función. Un dos usos mais típicos ocorre no baixo das estruturas harmónicas coñecidas coma cadencia frixia, recurso empregado como ostinato en xéneros coma a danza da chacona o longo do período do Barroco. A chacona e tamén a passacaglia baséanse nesta repetición dun baixo, que tanto no modo maior como no menor adoitan repetir a estrutura melódica 8-7-6-5.
j. Pachelbel, Chacona para órgano en fa menor
Nos baixos de lamento barrocos da música vocal, prodúcese un descenso melódico de todas as posibilidades que ofrece o modo menor. Este descenso por semitóns está asociado a pasaxes musicais que implican moita dor e dramatismo, coma o sufrimento de Xesucristo na Cruz no Crucifixus da Misa en si menor de J.S. Bach. No final da ópera Dido e Eneas o descenso do baixo acompaña traxicamente ao personaxe de Dido, que está morrendo mentres pronuncia as palabras “¡Lémbrate de min!”.
Henry Purcell. Dido e Eneas: Cando eu xaza, cc. 18-23
Actividades
Exercicio 1
Escoita e canta o seguinte fragmento dun concerto de Vivaldi. Escribe a melodía do baixo empregando o cifrado melódico.
¿En que crees que está baseado? ¿Na chacona ou no baixo de lamento?
>A. Vivaldi. Concerto para corda e orquestra RV114: Chacona, cc. 1-4
Exercicio 2
Canta o baixo descendente da canción Un sinxelo xiro do destino de Bob Dylan mentres reproduces os primeiros trinta segundos do seguinte vídeo.
Escríbeo mediante o cifrado melódico.
En que crees que está baseado, ¿Na chacona ou no baixo de lamento?
Exercicio 3
Escoita o baixo do comezo da Sinfonía “Patética” de Tchaikovsky e transcríbeo empregando o cifrado melódico aprendido.
P. Tchaikovsky. Sinfonía nº 6 en si menor “Patética” op. 74: Adagio, cc. 1-12
A sensible da dominante
De todas as alteracións posibles hai algunhas mais frecuentes que outras. A máis empregada con diferencia dentro do sistema tonal e o 4↑, tamén chamada sensible da dominante. A tonalidade é un sistema que está organizado segundo o círculo de quintas: a cadencia mais importante se relaciona por 5ª (V-I), os enlaces tonais tamén o fan (II-V, VI-II, III-VI, I-IV, etc.), e a tonalidade á que se dirixe unha peza en modo maior é a de dominante (V). Por iso non é de estrañar que a dominante secundaria mais usada sexa a de V do V, é dicir, a que ten a sensible do V, e que dirixe a súa atracción cara esta harmonía desexada. No comezo da Fantasía en do menor de Mozart escoitamos esta predominante alteración ata 3 veces: a primeira dentro da melodía, a segunda no baixo como integrante da harmonía de D da D e a terceira na voz superior dentro dunha semicadencia.
W.A. Mozart. Fantasía en do menor K 475 para piano, cc. 1-2
De igual xeito que a sensible ten moita atracción cara á tónica, debido a súa distancia de semitón, a sensible de dominante compórtase igual con respecto á dominante, tendendo a resolver na 5 de xeito natural. Fíxate como nas tres aparicións o 4↑ diríxese á nota sol, que é a 5 da tonalidade de do menor.
Actividade
Exercicio 4
Completa o cifrado melódico nas seguintes melodías. Para as melodías b e c imos colocar o perfil melódico como axuda para descubrir os números que se atopan detrás de el.
¡Ollo! As melodías dos fragmentos d e e teñen algunha alteración, e polo tanto terás que empregar algunha frecha (↑ ou ↓ ) no cifrado melódico.
L.V. Beethoven. Sinfonia nº1 en Do maior op. 21: Andante cantabile con moto, cc. 1-7
J.S. Bach. A paixón segundo San Xoán BWV 245: 6: Recitativo do evanxelista, cc. 1-3
J.S. Bach. A paixón segundo San Xoán BWV 245: 8: Recitativo do evanxelista, cc. 1-3
F. Schubert. Sinfonia nº 4 en do menor “Tráxica”: Andante, cc. 1-8
F. Schubert. O canto do cisne D 957: Presentimento do guerreiro, cc. 1-3