Saltar navegación

Unidade 9 Editar para expresar

Actividade  9

Sobre a edición dixital e a expresividade.


Lemos e interpretamos cunha video-creación estructurada con guión, storyboard, producción e post-producción. 

A edición de imaxes fixas e dinámicas está ao noso alcance con aplicacións informáticas gratuitas e para diferentes dispositivos e sistemas operativos. Temos programas gratuitos como os do sistema operativo Linux, apps para os dispositivos móviles e programas profesionais, con versions en periodo de proba, para os sistemas operativos que teñamos na nosa computadora.

As aplicacións gratuitas Gym, Photoscape, Pixlr etc ,son unha alternativa ao programa profesional Photoshop que podemos probar coa versión demostrativa, para editar fotografías, frames e/ou fotogramas. Serven tamén para crear debuxos animados deseñando frame a frame para editar posteriormente unha animación.

Catro aplicacións gratuitas para editar fotografías:

  1. Gimp
  2. Krita
  3. PhotoshopExpress
  4. Pixlr


Realiza una búsqueda de Apps que editan idebuxos, video e fotografías para dispositivos móviles.

Ilustración de Lara Fandiño en bacharelato de artes

En proxectos de animación á lectura os estudantes elaboran video-creacións tomando como partida un texto ou frase da Literatura ou dun poema. Na unidade didáctica integrada UDI 1  lemos e interpretamos basándonos nese proceso e para calquera autor literario, contos, etc...

Seguimos a seguinte esquema ou mapa visual (visual thinking)

1. POR QUE

Facemos unha análise da percepción, dos diferentes puntos de vista posibles en función dos condicionamentos físicos e culturais.

2. PARA QUE

Análise das funcións da imaxes, e as emocións que transmite. Recurrimos de volta a unidade didáctica 1. Función da imaxe.

3. COMO

Dispoñemos dos recursos técnicos para elaborar unha idea, un guión, editar un video e prosproducilo pasando a acción. Ademais contamos con exemplos de emprendimento na escola que nos poden inspirar a crear un proxecto de cooperativa e/ou empresa audiovisual.

Infografía de Rita Seijas para cultura audiovisual.

Técnicas, ferramentas e recursos complementarios en:

                                Obradoiro de Animación

                                            Stop motion now

                                       Cultura Audiovisual


Ligazóns
GUIÓN - GUIÓN GRÁFICO - PRODUCIÓN - POSTPRODUCIÓN

Exercicio "Dalle á volta"

Facemos unha interpretación da lectura de imaxes cos pechakucha elaborados na unidade didáctica anterior 8 ou con novas presentacións do alumnado. Trátase de que o alumnado seleccione contidos suxeridos na aula e presente os resultados da súa búsqueda á toda a clase. 

Coa ferramenta edpuzzle, completa e sinxela de utilizar, útil no labor docente e de aprendixaje TAC con estudantes de todos os niveis educativos e materias, reeditamos audiovisuais cara ao proceso de aprendizaxe.


Con edpuzzle pódense adaptar os vídeos ás necesidades da aula de maneira sinxela.

Permite recortar ou traducir vídeos que resulten interesantes para o alumnado e ao alumnado.

Crear video-cuestionarios para utilizar na aula ou na casa.

Crear presentacións e video-temas para aplicar o método flipped classroom (aula invertida) na aula. Isto é, dámoselle a volta á clase: pedimos ao alumnado que visione os contidos teóricos na súa casa a través do vídeo, suxerimos contidos para que o alumnado reedite audiovisuais e adicamos a clase para realizar actividades e resolver dúbidas.

Creamos video-leccións para repasar.


Pedimos ao alumnado que a utilice para crear os seus propios video-cuestionarios e poñer a proba os coñecementos das súas compañeiras e compañeiros.


Temporalización:

Unha sesión para presentar o tema relacionado ao curriculo. Facilitamos e repasamos os recursos para facer un guión e editar un audiovisual 

segunda sesión para que o alumnado presente os seus pechakucha

terceira sesión para que o docente complete os contidos cun video-tema da súa producción e con explicacións e proxeccións audiovisuais.

Cuarta sesión para resolver dúbidas e explicar a ferramenta edpuzzle.

Na quinta e última sesión o alumnado presenta e proxecta os seus audiovisuais temáticos reeditados.

Dalle a Volta (Liñas de comunicación) from Audiovisual CanalArtes

A nosas percepcións sempre son subxectivas. O coñecemento do medio permite achegar visións críticas.