Saltar navegación

Unidade 8 Espectadoras/es

Actividade 8 

O Receptor e a análise. 

 

Ser un bo espectador de cine: 

Lectura da Imaxe.

A novena arte ten a capacidade de transmitir e facermos sentir emocions "de segunda man" nunha experiencia limitada temporalmente. 

Como espectadores nos sentimos identificados ou indignados, emocionados, aterrados, entretidos, etc. Disfrutamos cos estimulos que achegan as imaxes e a narración audiovisual.

Na cinematografía a narrativa utiliza unha serie de recursos e elementos estructurais aplicados ao longo da evolución e grazas as achegas de directores, técnicos e creativos. 

 Os elementos básicos da comunicación pódense distinguir con sinselos análises. Partimos do estudo dunha linguaxe universal que coa accesibilidade actual de medios pon a nosa disposición  un modo de expresión actualizado.

Para distinguir por que un filme ten éxito, por que nos gusta, ou por que pode ser considerado una obra maestra temos que coñecer e considerar varios aspectos que para o  seu estudo seguiremos segundo o seguinte esquema avanzado ou o esquema do párrafo inferior. Cada apartado contén unha ligazón con documentación que facilita a sus comprensión.

  

Infografías con duas das primeiras análises que podemos facer da imaxe representada ou capturada: Distinguir os tipos de planos e a súa angulación.

pinterest.com/infografías cinEDUmotion 

Para facer un analise da estructura da imaxe temos en conta os seguintes apartados da linguaxe audiovisual:

imaxe creative commons de J. Sánchez

     Encadre e composición:

         Planos, ángulos e movementos de cámara.

     O Tempo:

          Plano, toma, secuencia: valores narrativos.

     A montaxe:

          Transicións, efectos de post-producción.

          Edición dixital.

          Editor de imaxes.

          Edición de video.

O plano do metro

Os pictogramas dos baños

Ilustración de JM García Plazuelo

No cine:

Emisor: Proxector de cine.

Receptor: Espectador.

Función: descriptiva, narrativa e...

Contexto: A sociedade.

Medio: Proxección sobre a pantalla nunha sala

Código: A lingua da película e as imaxes.

Mensaxe: Argumento.

Para facer unha análise da semántica da imaxe ou dos significados imbuidos universais e culturais temos en conta:

       1. A Percepción Visual.

       2. A Fisiología.

       3. A Lectura da imaxe.

          3.1 Clasificación das imaxes

          3.2 Características xerais da imaxe

          3.3 Finalidade das imaxes

          3.4 Lectura das imaxes

Fonte consultada: Educación plástica epv 1º de ESO: lectura_de_imaxes

Coñecer estes apartados, investigalos e aplicalos na práctica acheganos unha meior capacidade para saber identificar recursos narrativos a través da imaxe e para aprezar e valorar a calidade con criterio.

banco de imaxes do INTEF

pinterest.com/canalartes/

UNIDADES DIDÁCTICAS RELACIONADAS

Exercicios

Compara as diferencias entre un texto oral, un texto escrito e un audiovisual sobre a mesma historia. Por exemplo un filme sobre un conto tradicional, a sua interpretación teatral e o conto escrito. (exemplos: Mago de Oz, Viaxe ao centro da terra, O principito, etc...).

Elabora un breve guión gráfico (storyboard) a partir dun texto dado da obra anterior. 

Atopa información na rede e integraa nos conceptos traballados nas anteriores actividades.

Fotografía e grava unha realidade durante un tempo para analizar os seus cambios.

-Elabora unha video-creación coa Proposta de aula para traballar as alfabetizacións múltiples como  ferramentas de coñecemento e aprendizaxe desenvolvendo as competencias en comunicación lingüística, dixital, conciencia e expresións culturais sobre #Quixotedumotion. (proposta ABP)

captura de pantalla de google imaxes

-Fai unha presentación coa técnica PechaKucha. Usa 20 fotografías ou imaxes  para falar 20 segundos sobre cada unha. Escolle o tema dunha ou varias das actividades anteriores ou propón o teu PechaKucha.

Proposta de ensino en valores

Educación en dereitos é un programa educativo de UNICEF para impulsar nos centros escolares de infantil, primaria e secundaria unha educación baseada nos dereitos da infancia  que promove o cumprimento dos dereitos de todos os nenos, nenas e adolescentes, como establece a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno, promovendo entre a infancia e a xuventude actitudes e valores tales como a solidariedade, a paz, a tolerancia, a xustiza social ou a concienciación respecto a temas ambientais e proporcionándolles coñecementos e aptitudes que permitan facelo de xeito responsable e comprometido.

Educación en dereitos conta con materiais educativos (guía metodolóxica e fichas de avaliación) que se poden descargar gratuitamente desde a web e recursos on line para a comunidade educativa:

http://www.enredate.org/educacion_en_dereitos