Unidade 6 A banda sonora
Sobre bandas sonoras.
Creamos sons, efectos e voz en off con narrativa.

Introducción
O son chegou ao cinema en 1927 coa película "O cantor de jazz". Coa fusión do audio na gravación e na proxección a creación de son adquire un papel moi importante. As bandas sonoras con música seleccionada ou elaborada sirven para salientar e transmitir máis emocións. O audio achega ao audiovisual un factor de calidade. O xénero cinematografico musical fíxose cada vez máis importante e xurdiron oficios especializados en torno ao mundo sonoro e visual. Especialistas en efectos de postproducción como os actores de dobraxe, os técnicos, inxenieros de son e recoñecidos compositores como Ennio Morricone, Vángelis o Armand Amar por exemplo.
No audiovisual a música converteuse nun dos factores máis importantes para dar calidade a unha creación e implementar unha boa imaxe.
Captura de pantalla de google imaxes e reseña ao primeiro film sonoro en dias de cine de rtve.
www.rtve.es/alacarta/videos/dias-de-cine/dias-cine-historia-del-musical
Para as nosas producións o mellor é crear todo o produto polo propio equipo creativo, incluido o audio.
Cando non se conta cun orzamento para pagar os dereitos de autor dunha canción temos a opción de atopar música compartible. Para traballar o audio na aula podemos crear sons e compoñer a nosa banda sonora cunha aplicación gratuita como audacity. Pero se ademais necesitamos atopar unha música para utilizar con permiso do autor o mellor é recorrer ás licenzas creative commons. creative commons.
Hai a disposición do usuario de internet varias webs onde atopar música, sons, imaxes e videos con licenza creative commons para utilizar nos vosos audiovisuais que se comparten con licenzas non comerciais e lembradevos de facer mención as/aos autoras/es nos vosos títulos de crédito.

Ligazón ao Banco de imaxes e sons do INTEF
Wikipedia
http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada
http://commons.wikimedia.org/wiki/Portada
Creative Commons Search
Contenidos para compartir, utilizar e mixturar
http://search.creativecommons.org/?lang=es
*freemusicprojects web
*jamendo web
12 webs con música libre de dereitos de autor
20 webs con música libre de dereitos de autor
Sons para audiovisuais
Bancos de Imaxes para blogs ou sitios web
80.000 videoclips, fotos, sons e modelos 3D libres de dereitos de autor.
Imaxes Photopin
Compartibles de Flickr
https://www.flickr.com/commons
Temos a disposición para un dispositivo móvil moitos programas e aplicacións gratuítas para crear a propia música ou efectos sonoros para nosas vídeo creación. Para os que non sexan músicos tamén sonnos útiles emuladores como Pulsate (Androide) ou Node beat para IOS. Podemos usar os instrumentos dixitais do sitema operativo, como os de garage band en apple. Basta con facer unha procura no teu navegador, na play store, na apple store ou nos programas ofertados en linux, segundo o teu sistema operativo.
Para Androide: Audiotool Sketch, FL Studio e Pulsate por exemplo.
See more at: Cultura audiovisual canalartes
Para ampliar coñecementos sobre a propiedade e as licenzas intelectuais:
http://www.blogcreacultura.com/licencias-propiedad-intelectual/
Recursos audiovisuais para a aula e obradoiros:
Recursos Audiovisuais para educación secundaria
Exemplo de exercicio de creatividade audiovisual sen cámara:
Recursos audiovisuais para facer videos sin cámara

Creamos Audio
Grabar audio require de coñecementos técnicos avanzados para conseguir un mínimo de calidade. Ainda así podemos recurrir as ferramentas que xeralmente podemos ter ao noso alcance nunha aula: Un ordenador con micrófono, un portatil, unha tablet e/ou un móvil. Nas aulas de música xeralmente contan cunha gravadora para formatos wav e mp3. O formato wav, o menos comprimido, permite unha moi boa calidade de gravación. Programas como audacity, minecraf, cubase permiten a edición e remasterización do audio.
Audacity é un programa de software libre que permite gravar e editar voz e sons e podcast. A voz en off para o audiovisual pódese gravar diretamente no editor de video e ser sincronizada coa imaxe (é aconsellable ensaiar a montaxe). A música e os efectos sonoros podemos engadilos e mixturalos no proceso de edición. Os sons como os videos pódense subir a plataformar que permiten gravar directamente cun micrófono e xenerar un código html ou unha url para incrustar no voso sitio web.
Para as nosas primeiras produccións empregamos o material e ferramentas que teñamos a man pero cunhas pequenas recomendacións: Maximizar e obtimizar o rendemento dos equipos informáticos e aproximar ao máximo posible o micrófono ou cámara á persoa que fala ou ao emisor de son. Os micrófonos extensibles permiten aproximalos sin ser vistos nas gravacións de video. Cando gravamos un video rexistramos o audio que tambén podemos editar nos editores. Os formatos pódense transformar con conversores tambén de video a audio.
¿Onde podemos arquivar os noso audios?:
Texto e voz de Adán Cordeiro, de Cangas, en bacharelato de artes.
Entre as plataformas especializadas para subir, arquivar e compartir audio de xeito gratuito audio destaca soundcloud. Permite tambén crear listas de reproducción.
Buscar unha idea, algo que contar, comunicar e transmitir, é o primeiro paso para crear un audiovisual narrativo. Cando a idea non xorde hai outras opcións para traballar en grupo cunha intención educativa: A choiva de ideas (Brainstorm ou tormenta de ideas), os talleres de escritura, a adaptación de clásicos da literatura, ilustrar videoclips ou realizar interpretacións libres. Se ademais gústache a música podes presentar as túas composicións e facelas chegar a máis público cunhas nocións básicas de imaxe e redes sociais.
Crea un guión e debuxa un storyboard (guión gráfico) para ordenar a narración e definir a escena. Os conceptos básicos da percepción visual e da linguaxe audiovisual tamén son imprescindibles para mellorar a túa comunicación. Emprega algunhas técnicas de edición de imágen, son e vídeo para os computadores e dispositivos móbiles dos que dispoñas. É importante optimizar o rendemento informático dos teus equipos desconectandote da internet, pechando as demais aplicacións e suprimindo na configuración as opcións automáticas coma por exemplo os fondos de pantalla personalizados, etc. Na montaxe edita primeiro secuencias pequenas. Emprega soamente audio creado por ti ou compartido con certo tipo de licenzas creative commons. Nesta presentación utilicei por exemplo música do banco do INTEF pero ademais hai na internet compositores que permiten que descarges desde unha web a súa música e utilices as súas creacións coa condición de que fagas nelas referencia ao autor/es nos títulos de crédito.

imaxe do recurso cinEDUmotion
Recursos:
Voz en off de Paula Broullón en 1º de bacharelato de artes, con música de Alexander Frank.
Propostas
1-Facer video-creacións con textos literarios leidos (exemplo)
2-Crear unha biblioteca sonora gravando lecturas de contos en podcats (exemplo)
3-Crear unha banda sonora para a vosa curta en colaboración cos departamentos de música. Podemos tambén crear bandas sonoras con aplicación como garage band de apple para windows e gratuita é LMMS.
4-Facer un tributo a Rosalía con interpretacións audiovisuais con lecturas integradas nos audios dos seus poemas.
Rúbricas de Avaliación