Unidade 5 Linguaxe e técnicas
Actividade 5
A linguaxe e as técnicas audiovisuais.
Facemos unha secuencia revertida e un plano secuencia.
A unidade mínima de expresión visual na banda deseñada é a viñeta. (Nas fotonovelas a fotografía compre o papel da viñeta). No audiovisual a unidade é o frame, equivalente ao fotograma no cine.Todas teñen en común aspectos como o encadre, o tipo de plano e a súa angulación, con valores e contidos de comunicación diferenciados.
Para ter unhas nocións básicas da linguaxe audiovisual temos que estudar, investigar e practicar contidos dos seguintes apartados:
2 Planos, ángulos e moventos de cámara
4 Plano, toma, secuencia: valores narrativos
6 Transicións e efectos de post-produción
En xeral e para todos os niveis da educación secundaria, ESO e bacharelato podemos guiarnos polo seguinte esquema acotando ou implementando contidos segundo o nivel. As ligazóns mostran contidos desenvoltos en 4º de ESO e bacharelato utilizados también como documentación en obradoiros con 1º de E.S.O.
Preme nas ligazóns:
Infografía "Tipos de Planos" de Isaac Pérez
Infografía "Tipos de ángulos" de Nerea Lorenzo
Infografías do alumnado de 1º de bacharelato de artes do IES María Soliño, curso 2014-2015.
Recursos para a Narración Dixital
CinEDUmotion
Animación
tipos de planos según o seu encadre e a angulación da cámara:
Tipos de planos y ángulos (cultura audiovisual)
Exercicio de Elsa Duarte e Ana Otero González
Alumnas de 1º de Bachillerato de Artes do IES María Soliño para Cultura Audiovisual
Exercicios nos que ilustran con fotografías diferentes tipos de planos.
Neste video profesional proporcionase unha documentación de encadres centrados simetricamente. Encadre centrado:
Wes Anderson // Centered from kogonada on Vimeo. (Visto en Ceroenconducta)
Practica unha secuencia revertida
Para facer unha secuencia revertida planificamos primeiro a gravación de xeito que podamos facelo nunha sola toma como nos planos secuencia.
A secuencia revertida caracterizase en que as personaxes realizan a acción marcha atrás. Despois co editor de video revertimos a secuencia. Resulta especialmente chamativo dirixir accións nas que as cousas caen de modo que no resultado final aparezan que érguense máxicamente.
Na seguinte secuencia revertida improvisamos un desfile entre toda a clase. A música escollida no banco de imaxes e sons do INTEF compártese con licenza creative commons e grazas a iso non poden insertarmos publicidade cando o subimos a plataformas de video e podemos compartilo libremente sempre que nomeemos aos autores ou propietarios.
Secuencia revertida en cultura audiovisual (audio compartible do Banco de sons do INTEF)
Fai un croma para romper a barreira do espazo e o tempo na aula. A técnica audiovisual do croma permíteche situar ao alumnado en calquera tipo de contexto dentro dun vídeo, a nivel espacial e temporal. Isto facilita a investigación, o proceso de aprendizaxe e a motivación. Para coñecer a infraestrutura, o software e realizar unha pequena produción multimedia en calquera lugar do mundo e en calquera tempo. Trátase dunha actividade apropiada para calquera nivel e área educativa.
#1 CHROMA KEY from MUPAI on Vimeo. Fonte: Didáctica do cine MUPAI
Museo Pedagóxico de Arte Infantil
Tutoriais para un obradoiro de animación
Imaxe creada co logotipo compartido no banco de imaxes e sons do INTEF
SELECCIÓN DE TUTORIAIS PARA APRENDER A FACER VIDEO-CREACIÓNS
Cromas do Obradoiro de animación:
"Jurassic Dog" video croma de Fernando Guimeráns Ferradas
Video Croma de Fer Guimeráns
Le poison rouge (video croma para cultura audiovisual en Artes)
Video Croma de Eva Soage e Xurxo González
Rúbricas de Avaliación