Sobre os pioneiros do cinema. Ilustración e banda deseñada.
"O Cómic" Documental sobre o debuxante galego.
Detalle dunha ilustración do manuscrito Beato de Liébana compartida pola Biblioteca Nacional de España: bne.es galeria
Da banda deseñada ao cine A viñeta é a unidade mínima de expresión na banda deseñada e o cómic. Unha ferramenta narrativa que xa se utilizaba nos códices mediavais manuscritos como no beato de Liébana. A invención da imprenta por Gutenberg cara a 1440 supuso unha revolución para a transmisión de información e do coñecemento. A viñeta pode ter todo tipo de encadre, xeralmente ligado a secuencia narrativa. O formato común é o rectángulo. Atopa formatos orixinais votando unha ollada aos cómics da biblioteca.
Sobre os pioneiros do cine. Da Ilustración e a banda deseñada ao cine.
A banda deseñada de Miguelanxo Prado e o cine de Segundo de Chomón.
¡Animando os nosos deseños e personaxes!
Miguel Anxo Prado é premio Nacional de Cómic no 2013. Este documental amosa o traballo do debuxante e a dimensión artística e profesional da banda deseñada.
Fonte: Os oficios da cultura: Debuxante de cómic
Engado duas ligazóns
O cine de Segundo de Chomón.
O aragonés Segundo de Chomón modificou nos inicios do cine unha cámara cinematográfica para realizar unhas das primeiras pixilaciones (animacións de persoas cadro a cadro) da historia do cinema. Foi director, iluminador e un dos primeiros especialistas de efectos especiais e trucaxes de revelado. O Hotel Eléctrico é a primeira produción española na que se utiliza a rodaxe de obxectos animados. Transformou unha cámara para poder realizar esta función e capturar as imaxes fotograma a fotograma. Na película presenta a un matrimonio que chega a un Hotel onde todo realízase de forma automática. Achegou varias innovacións ao mundo do cine. Máis información
A pixilación é unha técnica de animación stop motion na que se utilizan actores reais como obxectos para animalos fotograma a fotograma ou cadro a cadro (frame a frame) dando un resultado de marioneta vivente ao capturar unha serie de imaxes conxeladas dunha secuencia. (Outras técnicas de animación stop motion) Ver tutorial en Abalar.
Exemplos de pixilación:
Frame da pixilación realizada por alumnado e con diferentes técnicas.