Avaliación
Rúbrica para avaliar un cómic Fonte: magdalenaromeroromero
Rúbricas de Avaliación para audiovisuais en ensino secundario.
Obxectivos
Obxectivos do presente recurso
1 Integrar as competencias no currículo.
2 Convertir ao alumnado en protagonistas do seu aprendizaxe, despertando o pensamento crítico e a creatividade fomentando o traballo en equipo.
3 Adecuar ao currículo da etapa e nivel os recursos e materiais educativos ao grao de desenvolvemento madurativo favorecendo a adquisición e desenvolvemento competencial con contidos e propostas de actividades aplicadas con éxito na aula para a resolución eficaz de problemas complexos.
4 Competencias clave.
O alumno aprenderá a mirar, ver, observar, percibir e producir desde o coñecemento da linguaxe visual, a valorar a estética e as produccións artísticas e culturais contribuindo a sua su competencia Conciencia e expresión culturais, valorarando e recoñecendo a capacidade estética e expresiva dos elementos básicos da expresión plástica e audiovisual.
A realización de actividades artísticas guiadas potenciará habilidades necesarias para iniciarse na aprendizaxe e serán capaces de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar proxectos creativos con confianza, responsabilidade e sentido crítico para as súas competencias clave.
Procedementos para a observación, experimentación e descubrimento do seu potencial.
Valores de sostenibilidade e reciclaxe para a creación de obras e respetando a conservación do patrimonio cultural e a propiedade intelectual. Principios de equidade, contra a violencia de xénero e a discriminación.
Facilitar habilidades relacionadas co pensamiento científico.
Para o sentido de inciativa e espirito emprendedor (CSIEE) o presente recurso inclue exemplos de cooperación e asociación en prototipos para que por grupos de alumnas e alumnos teñan a posibilidade de crear a sua a propia productora audiovisual.
5 Elaboración de contidos para habilidades, destrezas e actitudes que contribúan ao logro dos obxectivos da etapa educativa e con atención a diversidade.
6 Avaliacións interactivas baseadas en estándares e resultados de aprendizaxe . Adaptación ao ámbito dos criterios de avaliación sobre estándares de aprendizaxe avaliables con rúbricas.
7 Proporcionar recursos creativos as comunidades educativas.
8 Facilitar a accesibilidade aberta dos todos os recursos sen restricións técnicas para a súa visualización e/ou execución en diferentes dispositivos, e os navegadores e sistemas operativos de uso común. Os recursos multimedia, textos, gráficos, imaxes, son orixinais de produción propia ou compartidos coa autorización legal baixo licenza creative commons e co gallo de achegar ao alumnado a importancia do respeto aos dereitos de autor.
9 Achegar recursos complementarios para a alfabetización mediática e audiovisual.