DICIONARIOS VISUAIS

Constitúen unha potente ferramenta didáctica, así como de estimulación da curiosidade. A aprendizaxe de conceptos a través da palabra conxuntamente coa imaxe implica unha dobre aprehensión da idea. Por ese motivo, proliferan no mercado obras visuais sobre todo tipo de campos semánticos: as casas, a roupa, os vehículos, as partes do corpo, as plantas, etc. Moitos deles son auténticos compendios de coñecemento universal, e aproveitan para contalo en varias linguas, a modo de dicionarios bilingües e trilingües. Dende o punto de vista visual, adóitase contratar a ilustradores con estilos ben marcados, e con recoñecemento profesional, para aportarlle á obra un valor e interese engadidos. Ás veces estes materiais non son exclusivamente impresos: aparecen con frecuencia en soporte web, coas enormes posibilidades que isto aporta (interactividade, ligazóns a actividades complementarias, etc.).

ALGÚNS EXEMPLOS
O Dicionario Visual de Edicións Xerais aporta non só a imaxe dos conceptos que se van aprendendo, senón que estes aparecen en escenarios máis complexos. Desta maneira o lector non chega ás palabras de forma illada, senón nun contexto que facilita a súa comprensión, e a súa relación co mundo en xeral. Un exemplo de dicionario visual interactivo para internet: o DICIONARIO VISUAL INTERACTIVO da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, con infinidade de actividades, escenarios complexos, audio en varios idiomas e propostas didácticas. Para visitalo, premer AQUÍ ou na imaxe.
 

ABECEDARIOS E SILABARIOS RIMAS, CONTINAS, CANCIÓNS E SILABARIOS CONTOS CONTEMPORÁNEOS ADAPTACIÓNS DE CONTOS POPULARES ADAPTACIÓNS NON TRADICIONAIS

LIBROS MUDOS POP-UPS DOCUMENTAIS CADERNOS DE ACTIVIDADES DICIONARIOS VISUAIS LIBROS DE IMAXES GADGETS PROMOCIONAIS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS