Existen innumerables tipos de libros con imaxes, pero non sempre todos son ÁLBUM ILUSTRADO. A imaxe é utilizada moitas veces como lectura que precede á lectura textual, para que os nenos e nenas "lean antes de ler". E tamén existen moitos prexuízos ao pensar que o libro ilustrado está só dirixido a un lector infantil. Grandes obras ilustradas foron creadas para un público amplo, tanto adulto como infantil.

A continuación botaremos un ollo a todas aquelas formas de libro no mercado que teñen en común a imaxe. Unhas teñen unha historia, outras non teñen palabras, ...

ABECEDARIOS E SILABARIOS

RIMAS, CONTINAS, CANCIÓNS E POEMARIOS

CONTOS CONTEMPORÁNEOS

ADAPTACIÓNS DE CONTOS POPULARES

ADAPTACIÓNS NON TRADICIONAIS

LIBROS MUDOS

POP-UPS

DOCUMENTAIS

CADERNOS DE ACTIVIDADES

DICIONARIOS VISUAIS

LIBROS DE IMAXES

GADGETS PROMOCIONAIS

PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS