AS FORMAS XEOMÉTRICAS E O SEU USO NA CREACIÓN E NO DESEÑO

"A filosofia está escrita nese grandísimo libro da natureza que continuamente está aberto aos nosos ollos ,me refiro ao universo .... Este libro está escrito na lingua matemática, e os caracteres son triángulos, círculos, y outras figuras xeométricas, sen as que é imposible entender nen unha palabra; sen eles é como xirar vanamente nun escuro labirinto".
Galileo Galile, iIl Saggiatore, 1623
Obxectivos
O traballo estuda e analiza o uso das formas básicas, curvas e poligonais, no deseño.
Ademais de incidir nos conceptos teóricos e prácticos dos polígonos, das curvas e das relacions xeometricas, o traballo ten como obxectivo, amosar o carácter practico destes elementos. Para iso propónse a busqueda de exemplos do uso de estas formas xeométricas planas, tanto en edificios, como en elementos urbanos da nosas vilas e cidades.
Deste xeito, o alumnado percibirá cómo elementos xeométricos, en principio teóricos e ideais, son frecuentemente utilizados como base no deseño dos elementos da súa contorna.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0