2 CUADRILÁTEROS
DEFINICIÓN
Un cuadrilátero é un polígono que ten catro lados, e polo tanto, catro vértices e dúas diagonais.
Nos cuadriláteros a suma dos seus ángulos internos sempre dá como resultado 360°.
Segundo a relación entre os seus lados e angulos clasificanse en: Paralelogramos, Trapecios e Trapezoides

Deseño utilizando cuadrilateros
1- PARALELOGRAMOS
Os seus lados opostos son paralelos.
Cadrado todos os seus lados son iguais, todos os seus ángulos interiores son rectos de 90°, as súas diagonais son iguais, perpendiculares e bisécanse.
Rectángulo os seus lados son iguais e paralelos dous a dous , todos os seus ángulos interiores son rectos, todas as súas diagonais son iguais, pero non son perpendiculares entre elas (oblicuas).
Rombo todos os seus lados son iguais, os seus ángulos interiores non son rectos, son iguais os opostos (agudos e obtusos), as súas diagonais son distintas (maior e menor), perpendiculares entre si e bisecanse.
Romboide os seus lados son iguais dous a dous (dous lados menores iguais e dous lados maiores iguais). Pero, os lados consecutivos son oblicuos e as diagonais son desiguais e oblicuas.

2 - TRAPECIOS
Só dous dos seus lados son paralelos e os outros non.
Trapecio rectángulo é o que ten un lado perpendicular á súa base. Ten dous ángulos internos rectos, un agudo e outro obtuso.
Trapecio isósceles é o que ten os lados non paralelos de igual medida. Ten dous ángulos internos agudos e dous obtusos, que son iguais entre eles.
Trapecio escaleno as medidas dos seus lados son distintas, o igual que os seus catro ángulos internos.
3 - TRAPEZOIDE
É un cuadrilatero no cal non hai lados paralelos, nin en xeral iguais.
Trapezoide simétrico ou deltoide teñen 2 pares de lados congruentes, de igual medida e disposición (simétricos).
Trapezoide asimétrico non ten lados congruentes
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0