Outros valores dos demostrativos
Valor despectivo do demostrativo ese
Acompañando ou substituíndo un nome -especialmente de persoa- asume un sentido despectivo, sobre todo se vai posposto: O neno ese é parvo / Ese é palimoco...
O mesmo valor pexorativo pode adquirir o neutro iso/aquilo: O vendedor queríame timar, aquilo non era un coche, era un cacharro.
Valor afectivo ou irónico
Aquel e aquela
Aquel e aquela poden ter funcións diferentes ás de demostrativo:
Substantivo:
Aquel e aquela poden ser usados como substantivos, con significado non definido. Esta polivalencia permite que o seu significado concreto varíe en cada caso segundo o contexto: Entrou na adega, foi ao pipo e abriu a aquela (= billa).
Verbo:
Do mesmo xeito funcionan os verbos aquelar e aqueloutrar: Mañá vou ir aquelar o coche ao taller (= reparar). Deixa aquelado o teu cuarto antes de saíres para o instituto.
Adverbio de tempo:
Daquela pode funcionar como adverbio de tempo, co significado de «naquela época», «naquel tempo»: Daquela liamos novelas de vaqueiros (Cando eu era rapaz).
Conxunción:
Tamén pode ter o valor dunha conxunción consecutiva co significado de «polo tanto»: Rematastes as actividades, daquela podedes saír da aula.
Uso adverbial doutros pronomes
Nesto/nisto, neso/niso, con isto, nestas, nesas, con estasadmiten un uso adverbial cun significado equivalente a «nese momento", "nese intre";Estabamos na clase de matemáticas e nisto petaron á porta (= nese intre, nese momento).
Valor aproximativo: a construción “a iso de” ten valor aproximativo na expresión de localización temporal: A iso das dez, chámame..
Afirmación: Iso é, iso si, iso xa adoitan empregarse para ratificar unha afirmación:
-Non esquezas o molete de pan de millo.
-Iso xa.