O posesivo
Formas do posesivo
meu |
teu |
seu |
noso |
voso |
seu |
meus |
teus |
seus |
nosos |
vosos |
seus |
miña |
túa |
súa |
nosa |
vosa |
súa |
miñas |
túas |
súas |
nosas |
vosas |
súas
|
Ademais existen as formas de respecto mi, tu, su, noso/a, voso/a que unicamente se usan acompañando a padre, madre, tío, señor e amo. As correspondentes formas de plural só poden empregarse co substantivo padres:
Cando morreu mi madre eu estaba en Bilbao.
En vida de mis padres as fincas estaban ben coidadas.
Función
Os posesivos indican unha relación con algunha das tres persoas gramaticais participantes no acto comunicativo. Esa relación pode concretarse en varios sentidos, entre eles o de posesión ou pertenza.
Morfoloxicamente, o posesivo concerta co substantivo en xénero e número; é dicir, coa cousa posuída e non co posuidor (Xoel tocou coa súa guitarra).
Sintacticamente cumpre as funcións de: actualizador (O meu tío é doutor), modificador (Ese can teu é moi listo) ou atributo (Este vehículo é seu).
Seu, seus
As
formas de terceira persoa de singular e plural coinciden, polo que se poden
producir ambigüidades no seu uso e interpretación. Na frase Velaquí o seu
libro, ¿é del, dela,
deles, delas, de vostede, de vostedes?. Para evitarmos isto, habitualmente
substituímos o posesivo por de + pronome persoal: Velaquí o libro dela.
A
coincidencia nas formas de terceira persoa de singular e plural tamén pode
provocar ambigüidades na expresión da reflexividade. Neste caso, para evitala,
débese engadir ao posesivo a palabra propio: Bateu o seu propio récord.
Posición
Como regra xeral o posesivo anteponse ao substantivo; neste caso esixe a presencia do artigo: O meu can non volveu. Excepción a esta norma son os posesivos de respecto mi, tu, su, noso/a, voso/a (mi padre) e naqueloutros casos que establece o uso do artigo.
Oposesivo pode ir posposto ao substantivo nos seguintes casos:
Cando o substantivo vai precedido dun interrogativo: ¿Cantos compañeiros nosos cres que irán?
Cando vai precedido dun indefinido: Algúns compañeiros nosos non irán.
Cando vai precedido dun artigo indeterminado: Foron connosco uns compañeiros nosos.
Cando vai precedido dun demostrativo: Estes compañeiros nosos tamén irán.
Por razóns de énfase: O compañeiro voso non irá.
Cos adverbios de lugar, de+pronome persoal pode ser substituído pola forma feminina singular do posesivo: Viña diante de min= viña diante miña.
Posesivo de propiedade exclusiva
De meu |
De noso |
De teu |
De voso |
De seu |
De seu |
En galego existen
construcións con "de + posesivo masculino singular" que marcan unha
relación de propiedade exclusiva: Ten coche de seu. Vivía en casa alugada, pero agora ten casa de seu.
Estas formas
analíticas tamén poden asumir o valor de "por si mesmo", "por
natureza», "en por si»: Sabel é puntual de seu.
Posesivo distributivo
A nosa lingua
articulou unhas formas específicas para expresar valores posesivos e
distributivos, que equivalen á construción (a) cada un seu...: Mercoulles cadanseu
balón
aos seus fillos. Son as formas cadanseu- cadanseus- cadansúa-
cadansúas.
As formas do posesivo distributivo sempre deben aparecer diante do elemento
posuído: As
nenas levaban cadansúa bicicleta.
Valores dos posesivos
Ademais de expresar posesión ou pertenza, os posesivos poden presentar os
seguintes valores:
Relación de familiaridade e afecto: O noso Ramón escordou un pé.
Os meus, os teus... adquiren o valor de “A miña (a túa...) familia”: Os meus están en Vigo.
Valor aproximativo ou ponderativo, cando son usados con numerais ou
substantivos referidos a diñeiro, anos, metros, etc: O taxista tería ben os seus corenta anos.
Posesivo de modestia, cando se emprega noso(s), nosa(s) por meu(s),
miña(s) para evitar a referencia directa á primeira persoa: O noso traballo sobre Portugal artéllase en tres partes.
Acción habitual nunha persoa: Despois de xantar sempre tomo o meu café.
Bastante, boa cantidade: Non bebas máis, que xa bebiches o teu.
O que é propio ou natural de alguén: O meu non é o debuxo.
O que adoita facer ou dicir alguén: Xa andan os do lado a facer das
súas.
O que lle corresponde a alguén: Agora seguide vós, que eu xa fixen o meu.