A mellora da competencia oral da lingua inglesa na Educación Física: O deporte alternativo do Ultimate
SESIÓN 4

ACTIVIDADES
- Realización dun breve aquecimento adaptado as características da sesión.
- Práctica oral en lingua inglesa do léxico e expresións orais relacionadas co lanzamento e recepción do frisbee.
Coa clase organizada por parellas e distribuída en posición de liñas paralelas, iníciase a sesión coa repetición oral e motriz do exercicio de aumento progresivo da distancia de lanzamento, realizado na sesión anterior.
Cunha separación dunha distancia media, repetiranse os exercicios 5 e 6 para a mellora da recepción do frisbee, repetindo simultaneamente e oralmente as seguintes mensaxes:
- Catch the frisbee with your left hand, pass it to your right hand behind you and throw it to your partner.
Colle o “frisbee” coa tua man esquerda, pásao a man dereita por detrás tua e lánzallo ao/a teu/tua compañeiro/a.- To catch frisbees that come below the hips (low catch), you must do it with the palm of your hands up).
Para coller “frisbees” que veñen por debaixo dos cadrís (collida baixa), ti debes facelo coa palma das tuas mans cara arriba (mirando para arriba).
- Práctica dos desprazamentos do xogador no deporte do “Ultimate”.
O exercicio consiste en facer avanzar o frisbee pasándoo entre dous xogadores, sen que o “frisbee” caia ao chan e sen que o xogador, que ten a posesión do “frisbee”, poida andar ou correr co mesmo.
A superficie de xogo estará delimitada por dous liñas que marcan o comezo e final do desprazamento da parella en xogo, finalizando o desprazamento, unha vez que uno dos xogadores traspase a liña final coa posesión do “frisbee”.
É aconsellable facer unha progresión na dificultade de execución coa velocidade do desprazamento, comezando por realizalo andando e ir aumento progresivamente a velocidade até acabar correndo a certa velocidade.
Cada vez que un xogador camiña ou corre coa posesión do “frisbee” ou o “frisbee” cae ao chan, penalizarase a ambos xogadores facéndolles empezar o desprazamento de novo desde a liña inicial.
Na expliación ao alumnado do exercicio de desprazamento, e previa á demostración motriz do mesmo, o profesor exporá oralmente, por dúas veces consecutivas e simultaneamente cun manifesto reforzo xestual, o exercicio a realizar co seguinte discurso:
Click to listen
- “Passing the frisbee, each pair has to cross the end line”.
- “The player that has the frisbee can’t walk, so, the only player that can walk or run is the player that hasn’t got the frisbee in his/her hands”.
- “If the frisbee falls down on the ground, the players have to start the exercise again from the beginning”.
- Práctica dos xogos pre-deportivos do “Ultimate”.
O xogo pre-deportivo do “Ultimate” 2x2, realizado por catro xogadores e organizados en duas parellas de xogo, consiste en que cada parella teña a posesión do frisbee o maior tempo posible.
Para iso, o “frisbree” pasarase entre os dous xogadores da mesma parella, non podendo ter un xogador a posesión do “frisbee” por máis de 10 segundos. Obviamente a outra parella intentará facerse coa posesión do “frisbee”, non podendo facelo cando o frisbee está na man dun xogador contrario e sen contacto físico algún entre xogadores.
Se o “frisbee” cae ao chan ou o xogador que ten a posesión do “frisbee” comeza andar ou correr, a posesión do mesmo pasa a outra parella.
A superficie de xogo estará delimitada por catro liñas que formarán un cuadrado, que poderá ir aumentando o seu tamaño a medida que o alumnado vaia alcanzando unha maior destreza na execución do xogo.
A medida que a maioría do alumnado alcanzance unha maior habilidade e coñecimento das regras do xogo, e aconsellabel facer unha variante sobre o mesmo xogo aumentando o número de xogadores a 3x3 e 4x4.
Para a explicación do xogo ao alumnado, é previa á demostración motriz do mesmo, o profesor exporá oralmente, por dúas veces consecutivas e simultaneamente cun manifesto reforzo xestual, en que consiste o xogo e cales son as regras que o rixen.
Licensed under the Creative Commons Attribution 3.0 License