AICLE
Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras
A Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras (AICLE; en inglés Content and Language Integrated Learning, CLIL) eé sinónimo de inmersión lingüística. É un termo creado en 1994 por David Marsh para describir unha corrente da lingüística aplicada que propugna que nos contextos escolares existe un maior éxito na aprendizaxe das linguas estranxeiras através das materias comúns, como a historia, a educación física ou as ciencias, que, por medio dos currículos funcionais, que tratanas dunha maneira illada e en situacións forzadas ou inventadas, como materias independentes.
A investigación neste campo demostrou tamén que o multilingüismo na escola, aproveitando os recursos, estratexias e destrezas que desenvolve o alumno cando aprende unha lingua ou materia, através dos currículos integrados das linguas e áreas non lingüísticas, contribúe de maneira eficaz ao desenvolvemento dunha competencia comunicativa en linguas que optimiza e facilita as aprendizaxes posteriores.
O enfoque AICLE baséase en dous alicerces:
- A motivación na aprendizaxe é intrínseca, xa que rapidamente o alumno atopa a utilidade no obxecto da aprendizaxe.
- A lingua é auténtica, en situacións reais e non forzadas.
BIBLIOGRAFÍA
Á parte dá numerosa información de doado acceso en internete, aconsellase a seguinte bibliografía:
- Disco volador (en castelán). De Alberto Virosa. Editorial Gymnos. Madrid 1993.
- Frisbee by the masters. (en inglés) De Charles Tips. Celestial Arts. California 1977.
- Ultimate, fundamentals of the sport. (en inglés) De Irv & Tom Kennedy. Santa Barbara, California 1982.
Licensed under the Creative Commons Attribution 3.0 License