4.3 - Perspectiva a partir dunha fotografía ou vista

Como diciamos na perspectiva cónica oblicua utilizanse dous puntos de fuga F1 e F2, un por cada dirección, situados na liña de horizonte LH. Para iniciar o debuxo, situaríamos esta liña á altura dos ollos do espectador. Na LH situariamos logo os puntos de fuga que se obteñen como o lugar en que converxen as arestas e liñas das caras laterais do volume.

Neste caso partimos da fotografía dun edificio do seculo XVIII do Arsenal de Ferrol que pretendemos debuxar.


 

 

Na liña do horizonte situanse os puntos de fuga, vendo onde converxen as liña horizontais das duas fachadas do edificio. 

 

 

Na perspectiva do obxecto as liñas verticais manteñen a súa verticalidade e paralelismo e o resto das liñas levaríanse aos puntos de fuga.

Modulando as fachadas do edificio atopamos a sua volumetria final utilizando a perspectiva cónica oblicua.