4.2 - Construción xeométrica da perspectiva
Como ampliación do tema de perspectiva cónica poderiamos ver un método sinxelo de construción xeométrica deste tipo de perspectivas.
Como diciamos na perspectiva cónica oblicua utilizanse dous puntos de fuga F1 e F2, un por cada dirección, situados na liña de horizonte LH. Estes puntos de fuga obtéñense gráficamente a partir da vista en pranta do obxecto que imos a representar e da situación do punto de vista V respecto deste.
Os puntos de fuga atopanse na intersección de rectas paralelas ás caras laterais do adoitado ou volume, trazadas polo punto de vista V, co plano do cadro. Na perspectiva do obxecto as liñas verticais manteñen a súa verticalidade e paralelismo.
O primeiro exemplo o realizamos cun cubo xirado 45º respecto do plano do cadro, e dicir, xirado 45º respecto do espectador e visto dende esa aresta de forma oblicua.
Utilizando o mesmo metodo podemos realizar perspectivas de volumes mais complexos, como a seguinte cadeira.
Este volume tamen o xiramos 45º respecto do plano do cadro. Como no caso anterior, xurden duas direcciones e dous puntos de fuga F1 e F2.