Os xogos siguen unha secuencia de aprendizaxe que convén respectar.
En "Sitúa as correntes da Filosofía" deben ordenarse as escolas, correntes, ... filosóficas, arrastrándoas ata o seu lugar na liña temporal.
En "Dende cando ata cando" aparecen xa ordenadas as correntes, pero non a súa duración, polo que o xogo consiste en sinalar os séculos que abarcan as correntes filosóficas.
Premendo enriba da liña que representa cada corrente aparecen os manexadores para estirar ou encoller a liña canto sexa necesario.
"Recoñeces aos filósofos?" pretende asociar os nomes dos filósofos aos seus rostros.
"Indica o século dos pensadores " consiste en unir a imaxe e nome de cada filósofo co seu século trazando unha liña.
Por último, "Sitúa aos filósofos no ..." esixe colocalos con maior precisión e podendo tomar como referencia os xa colocados.
Tódolos xogos son autoavaliables, podendo comprobar as solucións inmediatamente.
Créditos | Software necesario | Accesibilidade |
|||||||
|
|
|
|
|
|
||