1.- Sinalar as preposicións e locucións preposicionais
- Non viñeron á discoteca por mor do exame do instituto.

- Co gallo do Día das Letras Galegas fanse cousas que se deberían facer todo o ano.

- Senta aquí, cabo de min ao pé do lume, temos que conversar con tempo.

- Púxoo sobre o banco, logo colleuno con noxo e tirouno pola xanela.

- Pono a rentes do chan para que non lles estorbe aos nenos.

- Traballou moito a prol da xustiza e pagáronllo coa indiferenza e o esquecemento.

- Agora voume situar decote diante do Miguel e a carón do Daniel.

- En vez de levalo, déixao dentro do armario.

- Desde onte anda fóra de si cun xenio de mil demos.

- Non poñas cara de ferreiro por quedares debaixo de min, xa sabes que xogo con vantaxe pola experiencia.

|
2.- Completar as frases usando as preposicións ata, deica, cara, contra (e indicar o seu valor en cada caso)
- Habería ... cincuenta mil cabezas de gando.

- Agora a volta ciclista vai ... Lugo pola N-VI.

- Entón poñían os nenos de xeonllos ... a parede.

- Mañá xogan ... os de Peroxa.

- O Sol sairá ... a seis.

- Cariño está ... Ortigueira.

- Marcho, que é tarde; ... mañá.

- Estivemos a sachar na viña ... as nove e cuarto.

- Faltan unhas cinco horas ... a chegada do avión.

- Hai ... trinta deputados dispostos a votaren afirmativamente.

- Pois querían pór unha central nuclear alá ... Xove.

- Hai uns douscentos quilómetros ... a casa máis próxima.

- Sempre andaban en guerras ... os franceses.

- Foi andando ... o peirao e non cansou.

- Ao fin todos eses problemas van ... unha solución.

|
3.- Completar as frases usando as preposicións para, sen, sobre, desde (e indicar o seu valor en cada caso)
- ... onte non probou bocado.

- Son as once e aínda tes os exercicios ... facer.

- Deu unha conferencia ... as influencias celtas na arte galega.

- Este verán non irei ... Baiona pasar a vacacións.

- Esta cervexa non é ... ti, que ten alcohol.

- Coido que os cans me deixaron ... comida hoxe.

- O autobús de Ribadeo chega ... sete.

- ... Tui ata aquí haiche a carreiriña dun can.

- Esqueceu o chisqueiro que estaba ... a miña mesa.

- Decidiuse a facelo ... a miña aprobación.

- Non deu unha peseta ... a cacharela de san Xoán.

- ... a semana vou ter que pedir cartos emprestados.

- ... o día catro non caeu unha pinga.

- Anda a estudar ... médico e vai ... dous anos que está en primeiro.

- ... cando é logo ese casamento?

|
4.- Completar as frases usando as preposicións a, ante/perante, entre, tras, baixo (e indicar o seu valor en cada caso)
- Iso dismo fóra e ... testemuñas.

- Deixeicho ... a porta para que non o vexan.

- Esconde os zapatos ... a porta.

- Os alemáns déronlle unha propina ... o porteiro.

- Nunca se entenderon moi ben ... eles.

- Viñeron cear ... a miña casa.

- Taboada está case a medio camiño ... Lugo e Ourense.

- O partido do Teucro comeza ... as cinco e media.

- Para que saia ben hai que facelo ... todos.

- ... hoxe e mañá pouco vai quedar sen arar.

- Atopei ... a María moi mellorada.

- Pono ... o sol para que seque.

- Púxose ... cantar unha aria.

- ... este punto de vista todo parece marabilloso.

- Non te volvas presentar ... min tan desleixado.

|
5.- Completar as frases usando as preposicións con, de, so (e indicar o seu valor en cada caso)
- Agora mudou de oficio e traballa ... día.

- Érguese ... noite e marcha arranxarlle a casa á boa ... a tía.

- Onte xogaron ... as de Celanova e hoxe ... as de Bueu.

- Se te pos ... costas non ves o monitor.

- ... esta viruxe non hai quen se atreva a saír.

- Regaláronme un reloxo suízo ... ouro.

- Anda ... tino, que pisas terreo perigoso.

- Veño ... Pontevedra, fun ver os touros e comer algo ... marisco.

- Tiveron que levantar o coche ... un guindastre.

- Aquel veleiro é ... as miñas irmás.

- Está ... as fillas pasando uns días e tomando un pouco ... aire.

- Prohibido cazar ... pena de prisión menor.

- Terás que cangar ... nós, que sempre estamos a falar ... fútbol.

- Falei ... a profesora e cambiou ... parecer.

- Cando empeces ... a obra non abuses ... o viño.

|
6.- Completar as frases usando as preposicións en, por, segundo (e indicar o seu valor en cada caso)
- ... meu tío isto non ten solución.

- Ese vídeo nunca foi visto ... min.

- Aínda están as contas ... facer.

- Que ben bebe ... o leite o cadeliño!

- Vai ... a Coruña buscar o billete para o avión.

- Nunca che expuxen as cousas tan ... serio.

- Contoumo todo ... o miúdo.

- Mándame os paquetes ... barco, que veñen máis seguros.

- A casa de Otero Pedraio está ... Trasalba.

- Estamos ... o ano máis frío do século.

- Busca ... aí, que escoitei un ruído.

- Vai sempre ... o camiño máis curto.

- ... ese tempo aínda ti non saíras da casca do ovo.

- ... o que din, non estudas nada.

- Déixasmo ... a mesa da sala.

- Eses barquiños tan lindos fainos só ... diversión.

- Custoulle moito e tivo que vendelo ... catro cadelas.

- Vai ... a veiga apañar ... as patacas.

- Terei que gardar cama ... un ano, así que non agardes ... min.

- Foi ... os vasos para servir a laranxada.

|
7.- Completar as frases coas preposicións adecuadas
- Non estou contenta ... o coche, estou disposta ... cambialo ... outro, se o podo mercar ... mesmos cartos.

- O vaqueiro sacou ... pistola e preparouse ... o asalto.

- Entón non se preocupaba ... nada, só tiña interese ... pasalo ben.

- Sorprendeuse ... a miña xogada e púxose ... mirar ... o compañeiro .... cara seria.

- Fixo un estudo ... o subsolo ... a bisbarra e viu que era pobre ... ferro e carbón.

- Manqueime ... unha perna e non teño ganas ... traballar nin creo que fose beneficioso ... a ferida.

- Xa están fartos ... loitar .... o racismo, mais teñen .... continuar aínda moito tempo.

- Os que falaron mal ... el, que se ateñan ... as consecuencias e se deixen ... andar ... a orella agachada.

- Hai un señor que pregunta ... Pedro, quere falar ... el ... participaren xuntos ... un negocio.

- Está ansioso ... esquecerse ... o asunto e acabar dunha vez ... os remorsos que lle produce.

- Anda ... apañar ... os tomates, que é ... o que vive, mais logo virá xa que ten que coidar ... a tía que está ... a cama hai dous anos.

- Gústalle tanto o baile que soña ... ser un cantante famoso e saír ... a televisión.

- Lembreime ... ti porque seica tes influencia ... o consello ... administración.

- Olla o neno, está agarrado ... a mesa roendo ... unha onza de chocolate e xa tirou ... o pan ... o chan.

- Deixa ... bater ... a porta e tocar a campaíña que vas abouxar os veciños.

|