Para realizar estas
tarefas vamos a organizarnos en grupos de catro. Cada membro do grupo asumirá o
rol de unha das seguintes personaxes: historiador/a, especialista en
gastronomía galega, especialista en lingua e literatura galega e un animador
socio-cultural.
Tarefa 1.- Temos que
pescudar na rede información sobre a orixe do termo, da celebración e das
costumes.
Tarefa 2.- Buscaremos e
recompilaremos textos da tradición oral e escrita sobre esta celebración.
Tarefa 3.- Recompilaremos
receitas de diferentes pratos que se poden facer tomando como materia prima a
castañas.
Tarefa 4.- Xuntando toda a
información obtida das distintas pescudas faremos unha publicación –
electrónica ou en papel- co resultado das mesmas.
Tarefa 5.- Organizaremos
un magosto e convidaremos as nosas familias.
Para
realizar estas tarefas infórmate ben no apartado proceso, dos pasos a
seguir.