ACTIVIDADE 1
Forma grupo con outros dous compañeiros/as. Elixe libremente tendo sempre en
conta que ademais de traballar a gusto debes traballar ben.
ACTIVIDADE 2
Vamos a recompilar información. O/A historiador/a ocuparase de buscar os
seguintes datos: orixe do termo, orixe da celebración, costumes asociadas a
esta celebración, zonas nas que está mais arraigada.
O/A especialista en
gastronomía debe recompilar receitas que empreguen a castaña e que sexan
típicos destas datas.
O/A especialista en lingua e literatura galega
pola súa parte aportará a seguinte información: refráns, coplas, poesías,
relatos e ou autores que tratan esta temática nas súas composicións.
O/A animador propoñerá ideas para a celebración e coa axuda de todos organizará
un magosto.
ACTIVIDADE 3
Vamos a compartir a información. Reunirémonos todas as personaxes do mesmo rol
dos distintos grupos e poñeremos en común os datos que fomos encontrado e as
direccións que consultamos.
Logo reunirémonos de novo os membros do noso grupo e poñeremos en común a nosa
información.
ACTIVIDAD 4
Vamos a crear a publicación. Escribiremos entre todos e todas o texto final do
documento que explique o a orixe e porqué desta conmemoración, as costumes,
receitas, etc...