Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade levarase a cabo en 18 sesións e impartirase no terceiro trimestre.

Engloba os aspectos curriculares da unidade didáctica 7 «A enerxía» da programación modelo de Proens para a materia de Física e Química de 2º da ESO.

A continuación inclúese unha estimación da temporización recomendada para cada fase deste recurso.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporización

Descrición da situación de aprendizaxe:

1. Información a medias

1.1. Demasiada información

Sesión de introdución e motivación sobre o reto: elaborar un artigo de prensa sobre un aspecto relacionado co uso de enerxía na contorna e/ou co xeito no que se trata a información sobre a enerxía en medios.

Exponse a estrutura do reto por equipos, os pasos a seguir e as metal finais.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe.

1 sesión

Exploración (coñecementos previos):

2. Reconectando

2.1. Energía a la vista

2.2. ¿Ciencia o rumor?

2.3. ¿Es Galicia renovable?

 

Sesións iniciais para conectar cos coñecementos previos sobre o concepto básico de enerxía, a diferenza entre ciencia de falsa ciencia e as fontes de enerxía.

Pídese ao alumnado reflexionar sobre a idea de enerxía e a súa relación cos corpos materiais en situacións cotiás.

Preséntanse as diferenzas entre ciencia (información fiable) e falsa ciencia (enganos) e apréndese a distinguilas en situacións reais.

As fontes de enerxía renovables e non renovables introdúcense no contexto da electricidade e a xeración de enerxía en Galicia.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe.

2 sesións

Conexión:

3. Radiografía energética

3.1. Dieta energética

3.2. ¡En forma!

3.3. ¿Energía infinita?

3.4. Mix energético

      ¡Apagón!

3.5. Madre naturaleza

3.6. Entre grúas y barcos

3.7. Un salto estratosférico

3.8. Nadie «tiene» calor

      Se propaga y hace efecto

Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos:

3.1. Enerxía e as súas unidades. Actividades contextualizadas especialmente no tratamento da información da enerxía dos alimentos (calorías), así como na verificación de novas e datos. 

3.2. Formas da enerxía. Actividades contextualizadas no ámbito cotián e na información que se pode atopar por Internet e na prensa, así como na verificación de novas e datos. 

3.3. Propiedades das enerxía. Actividades contextualizadas no uso da enerxía no fogar e no ámbito cotián, e na información que se pode atopar por Internet. 

3.4. Fontes de enerxía renovables e non renovables. Actividades contextualizadas na orixe e uso da enerxía consumida en Galicia e en España, en particular no tratamento da información sobre a enerxía nuclear despois do apagamento nacional de 2025. 

3.5. Enerxías renovables: eólica, hidroeléctrica, solar e outras. Actividades contextualizadas nas fontes de enerxía de Galicia e na posibilidade dun futuro 100 % renovable. 

3.6. Enerxía cinética e enerxía potencial. Actividades contextualizadas no almacenamento e recuperación de enerxía, así como na intensa actividade portuaria galega. 

3.7. Enerxía mecánica e conservación da enerxía. Actividades contextualizadas na caída libre, na degradación da enerxía por fricción e na enerxía hidroeléctrica galega, así como na verificación de novas e datos. 

3.8. Temperatura, calor e os seus efectos. Actividades contextualizadas en situacións cotiás e no tempo meteorolóxico galego.

Entre as anteriores hai actividades de distintos niveis:

  • Máis sinxelas de aplicación directa e autocorrixibles
  • Visuais e interactivas
  • Multiniveladas de complexidade variable
  • De investigación e/ou resposta aberta

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal.

11 sesións

Reto final:

4. El dato verificado

4.1 Código de autenticidad

Sesións para a elaboración do artigo de periodismo científico.

Cada grupo deberá elixir a súa liña de traballo (de entre catro posibles), buscar a información en distintas fontes cuxa fiabilidade deberá analizar, presentar os seus resultados de forma axeitada (táboas, gráficos, infografía...), redactar o artigo e, finalmente, entregalo, así como unha ficha do seu proceso de investigación. Figura un exemplo de artigo para consulta.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal.

2 sesións

Conclusión:

5. Publicación

5. Publicación

Sesións dedicada á presentación dos artigos. Cada grupo presentará a súa investigación ao resto de grupos como se fosen un equipo de periodistas nunha conferencia de prensa.

Última reflexión no diario de aprendizaxe sobre o traballo propio e alleo. O alumnado deberá reflexionar sobre o traballo realizado e os datos obtidos, pero tamén sobre as investigacións do resto de grupos.

2 sesións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)