Saltar navegación

3. Guía de uso

Operación viñeta!

O REA “Operación viñeta!” segue unha estrutura definida que é importante ter en conta:

  • Fase 1. Detectives en acción: descrición do reto, que consiste en idear e levar a cabo un cómic. Vense exemplos de bandas deseñadas en galego.
  • Fase 2. Caso aberto: exploración. Traballo cos coñecementos previos. Créanse os grupos e escóllese o texto base para o cómic
  • Fase 3. Segredos entre cadros: conexión. Trabállase o guión da banda deseñada. Desenvólvense os contidos sobre a banda deseñada e os seus elementos. Tamén se traballan as normas ortográficas: a acentuación, a ortografía e a gramática.
  • Fase 4. No ronsel das pistas: reto final. Realízase o deseño global do cómic. Desenvólvense os contidos sobre os tipos de planos segundo o encadre.
  • Fase 5. A derradeira secuencia: Conclusión. Exposición e coavaliación dos produtos finais. Acaba de crearse a banda deseñada. Preséntase a banda deseñada ao resto do alumnado e difúndese posteriormente á comunidade educativa. Reflexiónase e avalíase todo o proceso.

O proxecto non só desenvolverá competencias lingüísticas, comunicativas e literarias, senón que tamén fortalecerá habilidades como o traballo en equipo, a resolución de problemas e a xestión do tempo. A través desta experiencia, búscase preparar o alumnado para enfrontar desafíos reais, promovendo unha formación integral e práctica.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, presentando distintas versións da información, de xeito que diversificamos o acceso a ela ofrecendo variedade de formatos e niveis, tentando chegar ao maior número de realidades individuais do noso alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)