Temporalización do REA
Esta situación de aprendizaxe está pensada para realizar en 18 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia en Proens para a materia de "Física e química" de 2.º da ESO, englóbase no segundo trimestre, como quinta unidade.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. La escena inicial | 1.1. De ciencia a conciencia |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto: elaboración dun cómic de concienciación en seguridade viaria. Exponse a estrutura do reto por equipos, os pasos a seguir e os obxectivos finais. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
1 sesión |
| 2. ¡Ponte en macha! |
2.1. ¿Se mueve o no se mueve? 2.2. ¡Cambia de marcha! 2.3. Paso al tiempo 2.4. A la velocidad adecuada |
Sesións iniciais para conectar cos coñecementos previos sobre a relatividade do movemento, as unidades de medida, a representación das coordenadas e a velocidade, contextualizadas no movemento de distintos móbiles. Realízanse actividades formativas e interactivas con datos reais, así como conversións entre unidades. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
2 sesións |
| 3. Equipo de reconstrucción |
3.1. Tramo vigilado
|
Presentación dos elementos necesarios para estudar o movemento contextualizados no funcionamentos dos radares fixo e de tramo. Contidos e actividades referidos a: sistema de referencia, posición, traxectoria, tempo, espazo recorrido e desprazamento, velocidade instantánea a velocidades media. |
2 sesións |
|
3.2. Velocidades bajo sospecha
|
Presentación do primeiro caso a resolver polo equipo de reconstrución de accidentes. Contidos e actividades referidos ao MRU: características, ecuacións, gráficas x-t e v-t, tempo de reacción e efecto túnel. Resolución en equipo do primeiro informe pericial. |
3 sesións | |
|
3.3. ¡Animales en la carretera!
|
Presentación do segundo caso a resolver polo equipo de reconstrución de accidentes. Contidos e actividades referidos ao MRUA: aceleración, características, ecuacións, gráficas x-t, v-t e a-t e distancia de freado total. Resolución en equipo do segundo informe pericial. |
3 sesións | |
|
3.4. Lanzamientos peligrosos
|
Presentación do terceiro caso a resolver polo equipo de reconstrución de accidentes. Contidos e actividades referidos a caída libre: características, ecuacións, e representación y-t. Resolución en equipo do terceiro informe pericial. |
2 sesións | |
|
3.5. Se vienen curvas
|
Presentación do cuarto caso a resolver polo equipo de reconstrución de accidentes. Contidos e actividades referidos ao MCU: desprazamento angular, velocidade, período e ecuacións. Resolución en equipo do cuarto informe pericial. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
2 sesións | |
| 4. Del informe a la viñeta | 4.1. Las viñetas |
O alumnado aplica o recordado e aprendido ata agora para a resolución do reto (creación dun cómic de concienciación de seguridade viaria). Danse indicacións e exemplos. Autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe propio. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
2 sesións |
| 5. El salón del cómic | 5. El salón del cómic |
Sesión de presentación oral dos cómics de concienciación ao resto do clase. Avaliación do reto final. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
1 sesión |