Llevando a Galicia hasta el ∞ y + allá
O REA "Llevando a Galicia hasta el ∞ y + allá" fai un percorrido polos sentidos alxébrico e socioafectivo que corresponden ao curso de 3.º da ESO.
O fío condutor é unha viaxe á Lúa. A través dos preparativos da misión, o alumnado traballa conceptos de funcións, ecuacións e sistemas de ecuacións. Finalmente, rematarán a súa formación e converteranse en analistas espaciais, tendo que que planificar unha nova misión na que aplicarán o aprendido..
O REA ten cinco fases ben diferenciadas:
- Descrición: "Preparando la misión"
- Exploración: "Se busca astronauta"
- Conexión: "Todo depende de los cálculos"
- Reto final: "¡Misión calculada!"
- Conclusión: "La misión sale a la luz"
Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar (planificar unha nova misión espacial e realizar un póster científico sobre ela) e tamén onde se crean os grupos de traballo. Esta fase é motivacional e integradora e está moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.
Na fase 2 repásanse os principais coñecementos abordados no curso anterior sobre ecuacións e funcións lineais.
Na fase 3 introdúcense novos contidos como as funcións cuadráticas, os sistemas de ecuacións e as ecuacións de grao superior a dous. Todos estes contidos preséntanse nun contexto científico con actividades de maior ou menor complexidade, para resolver de xeito individual e grupal.
Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido no deseño dunha nova misión espacial.
Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo con toda a clase.
O substrato do REA
A idea do REA é traballar a competencia matemática proporcionando ao alumnado situacións reais e variadas, nun contexto científico no que as funcións, ecuacións e sistemas de ecuacións aparezan como instrumentos útiles e potentes para modelar e analizar a realidade.
A intención das persoas elaboradoras do REA é a de visualizar a conexión entre matemáticas e a realidade, fomentar a creatividade, a análise crítica e o traballo en equipo.
A dificultade do reto final (planificación dunha viaxe espacial) vai depender da complexidade da misión que escollan. Polo tanto é moi importante que a persoa docente faga as orientacións oportunas para que cada equipo teña un reto acorde ao seu nivel.