Temporalización do REA
Esta situación de aprendizaxe está pensada para desenvolver en 23 sesións, no segundo trimestre.
Engloba os aspectos curriculares das unidades didácticas "Ecuacións e sistemas" (11 sesións), "Funcións e gráficas. Funcións lineais e cuadráticas" (11 sesións) e a transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).
A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo que se vai desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Descrición da situación de aprendizaxe: 1. Preparando la misión |
1.1. Matemáticas en órbita 1.2. Centinelas del lanzamiento |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto: planificación dunha misión espacial. Exponse a estrutura do reto por equipos, os pasos que se van seguir e os obxectivos finais. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual. |
1 sesión |
|
Exploración (coñecementos previos): 2. ¡Se busca astronauta! |
2.1. Análisis de candidaturas 2.2. Entrenamiento estelar 2.3. Elección final |
Sesións iniciais para conectar cos coñecementos previos sobre as ecuacións de primeiro grado e funcións lineais, contextualizando no marco dunha misión espacial. Preséntase un proceso de selección de astronautas para a misión, a partir dos resultados de probas físicas e psicolóxicas, ademais de outros parámetros clave. Inclúese unha actividade multinivel (Entrenamiento) e unha grupal (Analizando los entrenamientos), e outra grupal (Analizando los entrenamientos). Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual. |
4 sesións |
|
Conexión: 3. Todo depende de los cálculos |
3.1. Simulación de la trayectoria |
Sesións nas que se presenta a primeira tarefa da misión: analizar diferentes traxectorias. Contidos e actividades referidos ás funcións:
|
2 sesións |
|
Conexión: 3. Todo depende de los cálculos |
3.2. El centro de comunicación |
Sesións nas que se presenta a segunda tarefa da misión: lograr a comunicación entre a nave e o centro de control. Contidos e actividades referidos a funcións cuadráticas:
|
2 sesións |
|
Conexión: 3. Todo depende de los cálculos |
3.3. Parada técnica |
Sesións nas que se presenta a terceira tarefa da misión: parada en unha estación orbital para resolver os problemas posteriores ao lanzamento. Contidos e actividades referidos a ecuacións de segundo grao:
Inclúese unha actividade grupal (Reparación de telemetría: ¡Detectada avería en los sensores!). |
2 sesións |
|
Conexión: 3. Todo depende de los cálculos |
3.4. Protección en el vacío |
Sesión na que se presenta a cuarta tarefa da misión: revisión do estado do traxe espacial . Contidos e actividades referidos a ecuacións bicadradas. |
1 sesión |
|
Conexión: 3. Todo depende de los cálculos |
3.5. Preparando el alunizaje |
Sesións nas que se presenta a quinta tarefa da misión: estudo de modelos de traxectorias de aluaxe. Contidos e actividades referidos a funcións cuadráticas:
|
2 sesións |
|
Conexión: 3. Todo depende de los cálculos |
3.6. Ajustando el escudo térmico tras el alunizaje |
Sesións nas que se presenta a sexta tarefa da misión: calibrar o escudo térmico da nave para protexer os sistemas informáticos. Contidos e actividades referidos á resolución de ecuacións de grao superior a 2 (método de Ruffini). Inclúese unha actividade multinivel (Calculando...). |
2 sesións |
|
Conexión: 3. Todo depende de los cálculos |
3.7. ¡Alerta de colisión! 3.8. Reajustes críticos |
Sesións nas que se presentan a sétima e oitava tarefa da misión: calcular rutas en liña recta da nave e de asteroides que poderían impactar contra a mesma, e o posterior reaxuste dos motores para pór rumbo de volta cara á Terra. Contidos e actividades referidos a sistemas de ecuacións lineais con dúas incógnitas:
Inclúese unha actividade multinivel (Objetivo anticolisión). Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual. |
3 sesións |
|
Reto final: 4. ¡Misión calculada! |
4. Misión calculada 4.1. Revisión final |
O alumnado aplica o recordado e aprendido ata agora para a resolución do reto proposto na fase 1: creación dunha misión espacial alternativa e realización dun póster científico para a súa divulgación. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal, reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final. |
3 sesións |
|
Conclusión e avaliación: 5. La misión sale a la luz |
5. La misión sale a la luz |
Sesión vinculada á exposición oral do póster científico realizado e á explicación do proceso levado a cabo por cada un dos grupos da aula. Auto-reflexión, individual e en equipo, sobre a utilidade do aprendido e avaliación do reto final. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se lle dea a cada un deles. Última reflexión no diario de aprendizaxe sobre o traballo desenvolvido durante todo o REA. |
1 sesión |