Temporalización do REA
Este recurso está pensado para desenvolverse ao longo de 15 sesións e, segundo a proposta cREAgal para a materia de "Educación Dixital" de 3º de ESO, englóbase no primeiro trimestre.
A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Combatendo o aburrimento |
1.1. Exemplos que inspiran. 1.2. A polo reto! |
Sesión de motivación e presentación do reto que se vai desenvolver, onde se lle propón ao alumnado que constitúa un club para desenvolver actividades no recreo. Acompáñase esta proposta con exemplos de actividades doutros centros educativos e con mostras de documentos pertencentes a clubs reais, o que permite salientar a importancia de presentar un bo documento cando se constitúe un club. | 1 sesión |
| 2. Tecleando recordos |
2.1. Explora posibilidades. 2.2. Domina o teu procesador. 2.3. Pon os documentos no seu sitio. 2.4. Ponte a proba! |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos en relación coa creación e edición de documentos de texto. Actívanse os coñecementos existentes sobre os tipos de procesadores de textos e as súas funcionalidades, a maquetaxe de documentos, os formatos de arquivos e a xestión dos mesmos (cartafoles, copias de seguridade, etc.). A revisión se complementa con actividades de consolidación individuais e grupais. | 2 sesións |
| 3. Aprendendo a golpe de clic |
3.1. Os arquivos do club. 3.2. Un texto con formato. 3.3. Un parágrafo con formato. 3.4. Un parágrafo con estilo. 3.5. Táboas. 3.6. Imaxes, formas e elementos multimedia. 3.7. Índice e numeración de páxinas. 3.8. O último clic. |
Sesións con actividades inviduais de adestramento sobre as diferentes funcionalidades do procesador de textos LibreOffice Writer, desde o formato de texto e parágrafo ata a creación de índices e diagramas. Os adestramentos se complementan con actividades de consolidación individuais e grupais. | 5 sesións |
| 4. Tocando todas as teclas |
4.1. Primeiros pasos do club. 4.2. Creación e maquetaxe da documentación. 4.3. Peche e consolidación do club. |
Sesións dirixidas ao desenvolvemento e execución do reto proposto: a constitución por escrito dun club para os recreos mediante e elaboración e maquetaxe da súa documentación asociada. | 5 sesións |
| 5. Dando a coñecer o club | 5. Dando a coñecer o club. | Sesión vinculada á síntese dos contidos traballados ao longo da situación de aprendizaxe; á posta en común dos resultados obtidos tras a consecución do o reto e á reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade das aprendizaxes adquiridas e a súa transferencia á vida real. | 2 sesións |