Saltar navegación

Créditos e descarga

Logo do proxecto cREAgal. Accede ao espazo cREAgal. Abre en nova xanela

Título Guía didáctica do recurso "A gran selección galega"
Descrición

Este recurso é a guía para que o profesorado coñeza as recomendacións de uso na aula do REA "A gran selección galega", e a súa correspondencia co currículo de Educación Física de 2º da ESO en Galicia.

A situación de aprendizaxe desenvolve a constitución do Comité Olímpico Galego (COG). O alumnado, como integrante do COG, terá que especializarse en dúas modalidades de deportes individuais: atletismo e pas. No atletismo practicará o salto de lonxitude, o salto de altura, as carreiras de velocidade e as remudas; mentres que nas pas superará desafíos de muro e de cancha dividida. Ademais, coñecerá os principais expoñentes galegos destas modalidades deportivas, poñendo en valor o papel da muller neste eido.

O reto proposto consiste en crear un proceso de selección tipo breakout que lle permita ao COG escoller as mellores persoas deportistas das modalidades de atletismo e pas.

Persoas elaboradoras

Xiana Guerra Arias

Luis Miguel Quinteiro López

Iago Saco Estévez

Organización

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia.

Licenza Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0

Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.

Os elementos multimedia incluídos nesta guía didáctica son de elaboración propia no marco do proxecto cREAgal, con licenza CC BY-NC-SA. No caso de incluír algún recurso externo non elaborado por cREAgal, indícase no propio recurso a súa licenza específica.

Versión

 Versión Data de publicación
Notas sobre a versión
1.0 Xuño 2026 Primeira versión.

Aquí tes o ficheiro fonte para editar este REA

  • Segue estes pasos para usar/redistribuír/modificar este REA:

1. Descarga o ficheiro fonte. Con isto tes o recurso orixinal en formato de edición.

2. Modifícao usando eXeLearning.

3. Se aínda non o tes, descarga e instala o estilo cREAgal.

4. En caso de modificalo, tes que recoñecer a autoría e publicalo coa mesma licenza (CC BY-NC-SA).

Podes usar esta cita para facer referencia a cREAgal:

Este REA é unha adaptación do recurso orixinal «Guía didáctica do REA A gran selección galega"»  do proxecto cREAgal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia baixo licenza CC BY-NC-SA.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)