Lecturas compartidas
O REA segue unha estrutura definida que é importante ter en conta:
- Fase 1: Descrición do reto. Este será o momento de organizar o alumnado en grupos de traballo e de coñecer o reto.
- Fase 2: Exploración. Traballo cos coñecementos previos.
- Fase 3: Conexión dos coñecemenos previos e adquisición de novos coñecementos.
- Fase 4: Reto final. Realización do programa literario.
- Fase 5: Conclusión e avaliación do resultado final.
Este REA pode relacionarse con varias datas conmemorativas. Recoméndase relacionar as diferentes actividades con estas datas:
- 30 setembro, Día internacional da tradución
- 14 outubro, Días das Escritoras
- 24 outubro, Día das Bibliotecas
- 16 novembro, Día Internacional da Tolerancia