Temporalización do REA
Temporalización prevista en base á programación de Proens.
Táboa na que se relacionan as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes seccións de cada fase:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Había unha vez... |
1.1. O voso reto |
Presentación do RETO | 1/2 sesión |
| 2. A historia comezaba... |
2.1. Instrumentos musicais 2.2. A voz humana 2.3. Agrupacións musicais 2.4. Como mostra... un botón |
Xusto despois da presentación do reto, o alumnado revisará algúns contidos que xa traballou durante a etapa de Educación Primaria. Ademais, o terceiro día achegarase á primeira canción de música española, Debajo de un botón. |
2 1/2 sesións |
| 3. Viaxando polo mundo |
3.1. África 3.2. América 3.3. Asia 3.4. Europa 3.5. Oceanía |
Nesta fase o alumnado viaxará polos cinco continentes, algúns dos contidos necesarios para desenvolver as UD propostas intégranse de forma práctica. Na primeira sesión achegarémonos ás músicas do mundo, así como á Forma Musical, incluíndo a canción Palo Bonito; na segunda sesión viaxaremos a África, onde revisaremos a harmonía e tamén, por medio da canción Siyahamba, traballaremos a técnica vocal e instrumental; na terceira sesión iremos a América, onde nos achegaremos ás características musicais desta zona e, comezaremos a traballar a canción Samba Lelé, que se desenvolverá tamén na cuarta sesión; durante a quinta e a sexta sesión desprazarémonos a Asia, onde o alumnado achegarase a algunhas escalas propias destas culturas e seguirá traballando a técnica vocal con Hotaru Koi; na sétima sesión o alumnado achegarase a Europa, revisando as características principais da música europea e das danzas en España e, na oitava sesión, realizará unha proposta con La Tarara; finalmente, a última parada da viaxe levaranos a Oceanía, onde durante a novena sesión e a décima achegarémonos ás características deste continente e traballaremos a peza musical Taba Naba. Ademais, o profesorado pode ampliar ou modificar as cancións propostas, traballando outros aspectos coas pezas propostas para ampliación. Estas pezas propostas como ampliación tamén poderían substituír ás propostas inicialmente. |
10 sesións |
| 4. De Galicia a Tombuctú |
4.1. Deseñando e creando 4.2. Organizando o concerto |
Nesta fase o profesorado guía ao alumnado no proceso de organizar e dar forma final ao conto musical, partindo do traballo realizado nas fases anteriores para estruturar a historia, decidir como se integran a música, as voces, o movemento e a narración, planificar os ensaios e repartir tarefas, reflexionar sobre a posta en escena, o uso do espazo e a escenografía, e acompañar a toma de decisións colectivas e o traballo cooperativo. A primeira sesión será para a elaboración da historia e a organización. A última para os ensaios parciais e xeral. |
2 sesións |
| 5. E colorín colorado... | 5.1. Un bonito recordo |
Na fase 5 o profesorado acompaña ao alumnado no peche do proxecto, promovendo unha reflexión final individual e grupal, guiando a valoración do aprendido a nivel musical, creativo e persoal. |
1 sesión |