Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución establecidos para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (segundo a proposta de Proens).

Cómpre ter en conta que:

  • A táboa inclúe os pesos dos criterios de avaliación das tres unidades didácticas, polo que a suma total é do 300 %.
  • O peso na materia das unidades didácticas que abrangue este REA é : 
    • 5 % UD 3 Harmonía: introdución aos acordes básicos
    • 10 % UD 6 A voz: produción do son, clasificación das voces e agrupacións vocais. Técnicas de canto. Timbre II
    • 10 % UD 8 Música e danzas de España e do mundo

Ao desenvolver de maneira conxunta as unidades didácticas da programación modelo de Proens, os criterios de avaliación avaliables mediante táboas de indicadores (incluídas no REA) mantéñense cos pesos prorrateados da proposta Proens. O profesorado deberá, por tanto, ter en conta os pesos das unidades didácticas e dos criterios avaliables mediante proba escrita ao deseñar as súas propostas.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación % (Orientación de Proens) Unidade didáctica (Proens)
CA1.2 Explicar cun vocabulario apropiado e cunha actitude aberta e respectuosa as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas estudadas, así como as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais. Explicar cun vocabulario axeitado as ideas, os sentimentos e as emocións suxeridos polas obras e os exercicios traballados nesta unidade didáctica segundo a sucesión e os tipos de acordes escoitados. TI 20 3
CA1.3 Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical. Recoñecer os tipos de acordes e funcións tonais traballados nesta unidade didáctica explicándoos a través das partituras e obras a executar. PE 40
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais. Ler nas partituras traballadas os tipos de acordes e funcións tonais estudados nesta unidade. TI 20
CA2.4 Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos. Executar vocal ou instrumentalmente con corrección as pezas propostas nesta unidade, con especial atención á afinación dos acordes nas pezas a 3 ou máis voces. TI 20
CA1.2 Explicar cun vocabulario apropiado e cunha actitude aberta e respectuosa as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas estudadas, así como as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais. Explicar, cun vocabulario adecuado, a función do canto das distintas agrupacións vocais e as formas de colocar a voz segundo o seu contexto histórico e época. TI 10 6
CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais. Ler partituras sinxelas a unha ou dúas voces, para poder interpretalas mediante o canto. TI 20
CA2.4 Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos. Cantar de forma individual e grupal seguindo as indicacións técnicas e musicais do profesorado. TI 20
CA2.5 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración e o respecto cara aos demais. Interpretar con corrección as pezas vocais propostas nesta unidade didáctica, a nivel individual e interpretando o rol indicado no grupo. TI 20
CA3.2 Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas. Identificar os distintos tipos de voz, as distintas agrupacións vocais estudadas e as formas de cantar, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas. PE 30
CA3.1 Valorar a importancia do noso patrimonio musical e dancístico tradicional e popular, así como o doutras culturas musicais do mundo, sendo consciente da súa relevancia e influencia na evolución da música ata a actualidade. Expoñer ideas sobre as músicas e as danzas tradicionais e populares do patrimonio cultural galego e doutras culturas do mundo, recoñecendo a influencia de certos ritmos tradicionais nas músicas actuais. TI 30 8
CA3.2 Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas. Identificar as características musicais (instrumentos, ritmo, características melódicas...) das distintas culturas estudadas, asociándoas a cada lugar específico. PE 40
CA3.3 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, das diferentes culturas estudadas, valorando e mantendo unha actitude de respecto cara ao patrimonio artístico das diferentes culturas que conforman o mundo. Interpretar instrumental ou vocalmente con corrección, de maneira individual e grupal, as pezas propostas nesta unidade didáctica. TI 30
Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Táboa na que se concretan as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado:

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.2 Explicar cun vocabulario apropiado e cunha actitude aberta e respectuosa as ideas, sentimentos e emocións propias que nos suxiran as propostas estudadas, así como as funcións desempeñadas por determinadas producións musicais e dancísticas, relacionándoas coas principais características do seu contexto histórico, social e cultural, a través da audición, do visionamento ou da asistencia a eventos musicais.

Fase 3. Nos apartados 3.1., 3.2., 3.3., 3.4., 3.5. existe unha actividade chamada Propoñede a vosa versión. Nesta actividade o alumnado debe propoñer, engadir, escoitar e chegar a acordos. Respectando as normas da actividade.
Actividades 2.1. "Clasifica instrumentos" e "Cada instrumento ao seu grupo de clasificación".
Actividades 2.2. "Sabes clasificar as voces?" e "Taboleiro vocal"
Actividades 2.3. "Rosca das agrupacións musicais", "Recoñece os grupos" e "Completa"
Actividade 3. "Palo bonito"
Actividade 3.1. "Descobre o Afrobeat"
Actividade 3.2. "Coñeces xa a música americana?"
Actividades 3.3. "Adestramento auditivo" e "É o patrón correcto?"
Actividades 3.4. "Recoñece a procedencia da tonada" e "Recoñece características da Jota"
Actividade 3.5. "Coñeces xa a música de Oceanía?"

Rúbrica de avaliación
Retroalimentación

CA1.3 Ler, escoitar e analizar partituras sinxelas, a través de diferentes soportes audiovisuais, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical.

Nos apartados 2.4., 3.1., 3.2., 3.3., 3.4., 3.5. existen exemplos de partituras para identificar os distintos elementos da linguaxe musical.
Actividade 3. "Palo bonito"
Actividades 3.1. "Descobre o Afrobeat" e as actividades de Repasa a harmonía "Actividade de encher ocos" e "Ditado musical"
Actividade 3.2. "Coñeces xa a música americana?"
Actividades 3.3. "Adestramento auditivo" e "É o patrón correcto?"
Actividades 3.4. "Recoñece a procedencia da tonada" e "Recoñece características da Jota"
Actividade 3.5. "Coñeces xa a música de Oceanía?"

Rúbrica de avaliación
Retroalimentación

CA2.3 Ler partituras sinxelas, identificando de forma guiada os elementos básicos da linguaxe musical, demostrando coñecemento dos elementos estudados, así como habilidades musicais básicas individuais e grupais.

Nos apartados 2.4., 3.1., 3.2., 3.3., 3.4., 3.5. existen exemplos de partituras para interpretar os distintos elementos da linguaxe musical.

Rúbrica de avaliación
CA2.4 Empregar técnicas básicas de interpretación vocal, corporal ou instrumental, aplicando estratexias de memorización e valorando os ensaios como espazos de escoita e aprendizaxe, así como mostrando iniciativa nos procesos creativos e interpretativos. Nos apartados 2.4., 3.1., 3.2., 3.3., 3.4., 3.5. existen exemplos de partituras para interpretar a través da voz, instrumentos musicais e o corpo distintas pezas musicais. Ademais, engádense as actividades de "Propoñede a vosa versión", nas que se ten que valorar como o alumnado engade as súas ideas e enlaza o aprendido coas súas propias inquedanzas. 

Rúbrica de avaliación

CA2.5 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, dentro e fóra da aula, xestionando de forma guiada a ansiedade e o medo escénico e mantendo a concentración e o respecto cara aos demais. Nos apartados 2.4., 3.1., 3.2., 3.3., 3.4., 3.5. existen exemplos de partituras para interpretar a través da voz, instrumentos musicais e o corpo distintas pezas musicais. Ademais, na fase 4 e 5 desenvolverase a actuación do conto musical Rúbrica 
CA3.1 Valorar a importancia do noso patrimonio musical e dancístico tradicional e popular, así como o doutras culturas musicais do mundo, sendo consciente da súa relevancia e influencia na evolución da música ata a actualidade.

Nos apartados 2.4., 3.1., 3.2., 3.3., 3.4., 3.5. existen exemplos de partituras de distintos lugares do mundo. Dúas españolas, unha holandesa, dúas africanas, dúas americanas, dúas asiáticas e dúas de Oceanía coas que se pretende achegar ao alumnado a outras culturas e a relación que ten coa construción da identidade. 
Actividades 2.1. "Clasifica instrumentos" e "Cada instrumento ao seu grupo de clasificación"
Actividades 2.2. "Sabes clasificar as voces?" e "Taboleiro vocal"
Actividades 2.3. "Rosca das agrupacións musicais", "Recoñece os grupos" e "Completa"
Actividade 3. "Palo bonito"
Actividade 3.1. "Descobre o Afrobeat" 
Actividade 3.2. "Coñeces xa a música americana?"
Actividade 3.3. "Adestramento auditivo" e "É o patrón correcto?"
Actividades 3.4. "Recoñece a procedencia da tonada" e "Recoñece características da Jota"
Actividade 3.5. "Coñeces xa a música de Oceanía?"

Rúbrica de avaliación

Retroalimentación

CA3.2 Identificar as características e os elementos técnicos de propostas musicais da nosa cultura e doutras, analizando os aspectos comúns e as diferenzas entre elas.

Nos apartados 2.4., 3.1., 3.2., 3.3., 3.4., 3.5. existen exemplos de partituras de distintos lugares do mundo, con elas preténdese achegar ao alumnado a outras culturas, que entendan as características xerais de cada contorno e a relación que ten coa construción da identidade. 
Actividade 3. "Palo bonito"
Actividade 3.1. "Descobre o Afrobeat" 
Actividade 3.2. "Coñeces xa a música americana?"
Actividade 3.3. "Adestramento auditivo" e "É o patrón correcto?"
Actividades 3.4. "Recoñece a procedencia da tonada" e "Recoñece características da Jota"
Actividade 3.5. "Coñeces xa a música de Oceanía?"

Rúbrica de avaliación

Retroalimentación

CA3.3 Interpretar con corrección pezas musicais e dancísticas sinxelas, individuais e grupais, das diferentes culturas estudadas, valorando e mantendo unha actitude de respecto cara ao patrimonio artístico das diferentes culturas que conforman o mundo. Nos apartados 2.4., 3.1., 3.2., 3.3., 3.4., 3.5. existen exemplos de partituras para interpretar a través da voz, instrumentos musicais e o corpo distintas pezas musicais. Ademais, na fase 4 e 5 desenvolverase a actuación do conto musical. Rúbrica de avaliación

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)