Saltar navegación

1. Descrición xeral

Personals trainers

"Deporlab" é un REA (Recurso Educativo Aberto) coa fin de concienciar ao alumnado, e tamén ao entorno próximo do mesmo, da importancia de estar en contacto coa natureza. Nesta situación de aprendizaxe o alumnado terá que traballar en grupo para crear unha xornada deportiva intercentros co obxectivo de motivar ao alumnado doutros centros a realizar actividade deportiva en contacto coa natureza. Entre todos os grupos prepararán actividades ou tarefas nas que se traballen os primeiros auxilios, as actividades deportivas e o medio natural.

Durante o proceso de resolución do reto que se propón no REA, o alumnado aprenderá a dar valor ao contacto co medio natural. Aprenderán a como actuar ante unha urxencia, a realizar actividade deportiva no medio natural e a organizar unha xornada deportiva intercentros.

O REA "DeporLab" ten como obxectivos principais:

1. Coñecer e practicar varios deportes alternativos e comprender a súa diferenza cos deportes convencionais.

2. Crear un deporte alternativo propio: regulamento, espazo de xogo, materiais...

3. Afondar nos aspectos clave dun quecemento e diferenciar entre quecemento xeral e específico.

4. Crear e poñer en práctica diferentes tipos de quecemento.

5. Coñecer os diferentes tipos de torneos deportivos e poñer en práctica algún deles de forma autónoma.

6. Fomentar os valores deportivos: respecto, traballo en equipo, compromiso, xogo limpo, esforzo, igualdade...

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)