Saltar navegación

1. Empatizar

Demostra canto sabes do tema

Comezaremos esta ODE resolvendo enigmas sinxelos onde se xoga coa linguaxe, o que nos obriga a ler moi ben as pistas e ter que falar en equipo para poder resolver o misterio. Faremos cálculos onde as iconas teñen un valor concreto, operacións matemáticas… Nesta primeira actividade os equipos axudaranse entre sí para buscar a solución final. Trátase de pasar un bo rato xogando e aprendendo a resolver enigmas de xeito lúdico.