Testear
Testear consiste en comprobar que os obxectivos do reto inicial están acadados.
Este testeo consta de dúas partes ben diferenciadas:
Posta en común. Os equipos amosarán o seu prototipo ao resto explicando as diferentes ideas, problemas e solucións que tiveron na elaboración do seu proxecto. O resto dos equipos valorarán obxectivamente a proposta facendo críticas constructivas para a mellora dese prototipo así como a implementación de cambios nos seus deseños iniciais a partir da aprendizaxe compartida.
Avaliación. O alumnado valorará, individualmente, mediante diferentes actividades o aprendido durante a realización do reto.