Saltar navegación

2. Definir

Observación Lego

A seguinte actividade implica traballo en equipo e memorización. O mestre/a, por quendas, chamará a un membro de cada equipo que irán fóra da aula. Terán uns minutos para observar unha construción. Despois, volverá ao equipo e, a través das súas explicacións, o resto terá que facer a construción. Para simplificar a actividade teremos un modelo onde tomar anotacións sobre o deseño.

Descubre como funciona Piskel

Para seguir coñecendo o funcionamento dos bloques e poder definilos axeitadamente, imos usar o programa Piskel para debuxar usando píxeles.