Un/ha xogador/a de cada equipo executan o saque inicial ou "face-off" para comezar cada período dun partido de Unihóckey-Floorball.
Hai algúns aspectos a ter en consideración para que o saque inicial ou "face-off" se execute correctamente.
| CANDO se realiza o "face-off" | Ao comezo dun partido de Unihóckey-Floorball. |
| Ao comezo de cada período dun partido de Unihóckey-Floorball. | |
| No caso de indecisión da/o árbitra/o. | |
| ONDE se executa o "face-off" | Dende o punto marcado no centro da cancha. |
| Ambos equipos teñen que estar nos seus respectivos lados. | |
| COMO se executa o "face-off" | Un/ha xogador/a de cada equipo ten que achegarse ao punto central da cancha. |
| As caras dos seus sticks deben estar paralelas á liña imaxinaria do centro do campo, sen tocarse. | |
| O resto das/os xogadoras/es teñen que estar como mínimo a 3 metros. | |
| Despois de que a/o árbitra/o asubíe, cada xogador/a ten que intentar pasar a pelota cara ao seu campo. | |
| Pódese marcar gol. |
Se liches con atención todo o relativo ao face-off, poderás contestar ao seguinte cuestionario. Fíxate ben e escolle a resposta correcta en cada caso.