Saltar navegación

4.Tipografía

Busca

Sabes que tipografías usamos neste material? Para averigualo podes empregar a extensión WhatFont para o teu navegador de internet ou en páxinas como 

WhatTheFont.

En grupo

Realizade unha lista co nome das tipografías que coñecedes.

Cales son as vosas preferidas? E as que menos vos gustan?

Información

A tipografía é a arte ou técnica que trata os tipos de letras, as súas características e a representación gráfica das mesmas.

Para describir as letras adóitanse empregar termos relacionados coa anatomía humana. Na seguinte imaxe podes atopar os máis comúns:

Elementos dunha fonte tipográfica
Elena Samartino (CC BY-NC-SA)

        Conceptos básicos

Familia tipográfica

É un conxunto de tipos de letra que comparten trazos comúns en canto ao deseño, pero que presentas características propias. A maioría de familias tipográficas inclúen as maiúsculas e minúsculas, os signos de puntuación e os elementos os elementos non alfabéticos como os números. Moitas tamén inclúen as versalitas, que son como as maiúsculas pero de tamaño similar ás minúsculas.

Interliñado

É o espazo en branco entre liñas. Tamén se coñece como espazo vertical.

Espaciado, interletrado ou interletraxe (Tracking)

É o espazo entre as letras, o espazo horizontal en branco que ten cada tipografía.

Interletraxe de fontes ou Kerning

É o espazo que existen entre determinadas letras consecutivas, xa que non todas encaixan do mesmo xeito. Cando se elixe unha fonte tipográfico hai que comprobar que teña unha boa interletraxe. Por exemplo o a e o v ou o w poden quedar moi separados e isto produce unha mala impresión, motivo polo que convén axustalas.

elementos tipográficos
Elena Samartino (CC BY-NC-SA)

 

Ponte a proba

Escribe as palabras que faltan

: unión de dúas hastas

: liña de unión horizontal

: remate decorativo

Hasta : trazo principal dunha letra

Liña : liña imaxinaria na que se apoian as letras

Tipografía : tipografía uniforme e sen remates

Tipografía : tipografía que imita a caligrafía humana

Interletrado ou : espazo horizontal que cada tipografía ten  entre as letras

Interletraxe de fontes ou : espazo entre determinadas letras

Habilitar JavaScript