The following contents, evaluation criteria and learning standards are based on the LOMCE (Organic Law 8/2013, 9th december), more concretely on the Decree 105/2014, 4th september, that establishes the curriculum for Primary Education in Galicia. They correspond to the curriculum of the English and Music subjects in the 6th level of Primary Education.
Music contents:
BLOQUE 1. ESCOITA
B1.1. Audición de música contemporánea, e investigación e valoración das posibilidades do son.
B1.2. Identificación e apreciación das calidades dos sons do contexto.
B1.3. Identificación e apreciación de formas musicais sinxelas.
B1.4. Identificación a través da escoita de tipos de voces (soprano, contralto, tenor e baixo), instrumentos, variacións e contrastes de velocidade.
B1.5. Valoración e interese pola música de diferentes épocas e culturas.
B1.6. Audición activa e comentada de música variada da nosa cultura e doutras culturas.
B1.7. Actitude atenta, silenciosa e respectuosa durante a audición de música e/ou na asistencia a representacións musicais.
B1.8. Indagación sobre as normas que regulan a propiedade intelectual. Valoración e presentación dos resultados.
BLOQUE 2.INTERPRETACIÓN MUSICAL
B2.1. Exploración das posibilidades sonoras e expresivas da voz.
B2.2. Interpretación de pezas con instrumentos de aula e/ou frauta doce.
B2.3. Interpretación, memorización e improvisación guiada de canciónsa unha ou varias voces, desenvolvendo progresivamente a dicción, a afinación e a técnica vocal. Canon.
B2.4. Recoñecemento de tipos de instrumentos acústicos e electrónicos, agrupacións instrumentais e vocais, e rexistros da voz.
B2.5. Utilización das grafías convencionais na lectura, na escritura e na interpretación de cancións e de pezas instrumentais sinxelas.
B2.6. Gravación e rexistro das interpretacións para unha valoración e unha análise posteriores.
B2.7. Interese pola mellora do proceso de interpretación e do resultado final.
B2.8. Traballo cooperativo, asumindo as responsabilidades que lle correspondan e respectando as achegas das demais persoas do grupo.
B2.9. Creación de mensaxes musicais con contido expresivo, combinando elementos sonoros e corporais diversos.
B2.10. Utilización dos medios de comunicación e de internet para a procura de información, en soporte impreso e dixital, sobre instrumentos, compositores/as, intérpretes e eventos musicais de interese.
B2.11. Exploración das posibilidades sonoras e expresivas dos medios audiovisuais e tecnolóxicos para comunicar. Creación de cuñas radiofónicas e videoanuncios.
B2.12. Utilización dos medios audiovisuais e dos recursos informáticos para a sonorización de imaxes, contos, poemas e refráns, dobraxe de películas etc., e para a creación de producións propias.
BLOQUE 3.MÚSICA O MOVEMENTO E A DANZA
B3.1. Identificación do corpo como instrumento. Indagación e valoración sobre as posibilidades expresivas e comunicativas do corpo en distintas representacións artísticas ou situacións cotiás.
B3.2. Valoración e recoñecemento das danzas e a súa contribución ao noso patrimonio artístico e cultural. B3.3. Interpretación de danzas coidando a coordinación individual e colectiva.
B3.4. Invención de coreografías sinxelas para cancións e pezas musicais de diferentes estilos.
B3.5. Gravación e rexistro das danzas interpretadas. Análise de valoración do produto.
English contents:
BLOQUE 1: COMPRENSIÓN DE TEXTOS ORAIS
B1.1. Estratexias de comprensión:
o Mobilización de información previa sobre tipo de tarefa e tema.
o Identificación do tipo textual, adaptando a comprensión ao mesmo.
o Distinción de tipos de comprensión (sentido xeral, información esencial, puntos principais).
o Formulación de hipótese sobre contido e contexto.
o Inferencia e formulación de hipóteses sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e paralingüísticos.
o Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de novos elementos.
B1.2. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación: interese pola pronuncia coidada, polo ritmo, pola entoación e pola acentuación adecuadas, tanto nas participacións orais como nas imitacións, recitacións e dramatizacións.
BLOQUE 2: PRODUCCIÓN DE TEXTOS ORAIS:
B2.1. Estratexias de produción:
o Planificación
- Concibir a mensaxe con claridade, distinguindo a súa idea ou ideas principais e a súa estrutura básica.
- Adecuar o texto á persoa destinataria, contexto e canle, aplicando o rexistro e a estrutura de discurso adecuados a cada caso.
o Execución
- Expresar a mensaxe con claridade, coherencia, estruturándoo adecuadamente e axustándose, se é o caso, aos modelos e fórmulas de cada tipo de texto.
- Reaxustar a tarefa (emprender unha versión máis modesta da tarefa) ou a mensaxe (facer concesións no que realmente lle gustaría expresar), tras valorar as dificultades e os recursos dispoñibles.
- Apoiarse en tirar o máximo partido dos coñecementos previos (utilizar linguaxe prefabricada, etc.).
- Compensar as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos, paralingüísticos ou paratextuais.
B2.2. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación: interese pola pronuncia coidada, polo ritmo, pola entoación e pola acentuación adecuadas.
BLOQUE 3: COMPRENSIÓN DE TEXTOS
B3.1. Estratexias de comprensión:
o Mobilización de información previa sobre tipo de tarefa e tema.
o Identificación do tipo textual, adaptando a comprensión ao mesmo.
o Distinción de tipos de comprensión (sentido xeral, información esencial, puntos principais).
o Formulación de hipótese sobre contido e contexto.
o Inferencia e formulación de hipótese sobre significados a partir da comprensión de elementos significativos, lingüísticos e paralingüísticos.
o Reformulación de hipótese a partir da comprensión de novos elementos.
B3.2. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos: convencións sociais, normas de cortesía e rexistros; costumes, valores, crenzas e actitudes; linguaxe non verbal.
B3.3. Funcións comunicativas:
o Saúdos e presentacións, desculpas, agradecementos, invitacións.
o Expresión da capacidade, o gusto, a preferencia, a opinión, o acordo ou desacordo, o sentimento, a intención.
o Descrición de persoas, actividades, lugares, obxectos, hábitos, plans.
o Narración de feitos pasados remotos e recentes.
o Petición e ofrecemento de axuda, información, instrucións, obxectos, opinión, permiso.
o Establecemento e mantemento da comunicación.
B3.4. Patróns gráficos e convencións ortográficas:
o Interese polo lectura dos textos escritos propios e alleos valorando o seu sentido estético, correcta grafía e ortografía.
BLOQUE 4: PRODUCIÓN DE TEXTOS ESCRITOS:
B4.1 Estratexias de produción:
o Planificación:
- Mobilizar e coordinar as propias competencias xerais e comunicativas co fin de realizar eficazmente a tarefa (repasar que se sabe sobre o tema, que se pode ou se quere dicir etc.).
- Localizar e usar adecuadamente recursos lingüísticos ou temáticos (uso dun dicionario ou gramática, obtención de axuda etc.).
o Execución:
- Expresar a mensaxe con claridade axustándose aos modelos e fórmulas de cada tipo de texto.
- Reaxustar a tarefa (emprender unha versión máis modesta da tarefa) ou a mensaxe (facer concesións no que realmente lle gustaría expresar), tras valorar as dificultades e os recursos dispoñibles.
- Apoiarse en e sacar o máximo partido dos coñecementos previos (utilizar linguaxe prefabricada etc.).
B4.2. Patróns gráficos e convencións ortográficas:
o Interese pola presentación dos textos escritos propios e alleos valorando o seu sentido estético e empregando a correcta grafía e ortografía.
BLOQUE 5: COÑECEMENTO DA LINGUA E CONSCIENCIA INTERCULTURAL
B5.1. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos: convencións sociais, normas de cortesía e rexistros; costumes, valores, crenzas e actitudes; linguaxe non verbal, así como a realidade plurilingüe e multicultural da propia contorna.
B5.2 Funcións comunicativas:
o Saúdos e presentacións, desculpas,agradecementos, invitacións.
o Expresión da capacidade, o gusto, a preferencia, a opinión, o acordó ou desacordo, o sentimento, a intención.
o Descrición de persoas, actividades, lugares, obxectos, hábitos, plans.
o Narración de feitos pasados remotos e recentes.
o Petición e ofrecemento de axuda, información, instrucións, obxectos, opinión, permiso.
o Establecemento e mantemento da comunicación.
B5.3. Estruturas sintáctico- discursivas:
o Expresión de relacións lóxicas: conxunción (and); disxunción (or); oposición (but); causa (because); finalidade (to- infinitive, e. g. I did it to help her); comparación (as Adj. as; smaller (than); the biggest).
o Relaciones temporais (when; before; after).
o Afirmación (affirmative sentences; Yes (+ tag)).
o Exclamación (What + noun, e. g. What fun!; How + Adj., e. g. How nice!; exclamatory sentences, e. g. I love salgade!).
o Negación (negative sentences with not, never, non (Adj.), nobody, nothing; Non (+ negative tag)).
o Interrogación (Wh- questions; Aux. questions).
o Expresión do tempo: pasado (simple past; present perfect); presente (simple present); futuro (going to; will).
o Expresión do aspecto: puntual (simple tenses); durativo (present and past continuous); habitual (simple tenses (+ Adv., e. g. always, everyday)); incoativo (start –ing); terminativo (finish –ing).
o Expresión da modalidade: factualidade (declarative sentences); capacidade (can); posibilidade (may); necesidade (must; need); obriga (have (got) to; imperative); permiso (can; may); intención (going to; will).
o Expresión da existencia (there is/are); a entidade (nouns and pronouns, articles, demonstratives); a calidade ((very +) Adj.).
o Expresión da cantidade (singular/plural; cardinal numerals up to four digits; ordinal numerals up to two digits. Quantity: all, many, a lot, some, (a) few, (a) little, more, much, half, a bottle/cup/glass/piece of. Degree: very, too, enough).
o Expresión do espazo (prepositions and adverbs of location, position, distance, motion, direction, origin and arrangement).
o Expresión do tempo (e.g. quarter past five); divisions (e.g. half an hour, summer), and indications (e.g. now, tomorrow, morning) of state; duration (e.g. for two days); anteriority (befote); posteriority (alter); sequence (first…then); simultaneousness (at the same stage); frequency (e.g. sometimos, on Sundays).
o O Expresión do modo (Adv. Of manner, e.g. slowly, well).
B5.4. Léxico oral de alta frecuencia (recepción e produción) relativo a identificación persoal; vivenda, fogar e contorna; actividades da vida diaria; familia e amizades; traballo e ocupacións; tempo libre, lecer e deporte; viaxes e vacacións; saúde e coidados físicos; educación e estudo; compras e actividades comerciais; alimentación e restauración; transporte; lingua e comunicación; medio ambiente; clima e contorna natural; tecnoloxías da información e comunicación.
Music evaluation criteria:
B1.1. Utilizar a escoita musical para indagar nas posibilidades do son, de maneira que sirvan como marco de referencia para creacións propias.
B1.2. Analizar a organización de obras musicais sinxelas e describir os elementos que as compoñen.
B1.3. Coñecer exemplos de obras variadas da nosa e doutras culturas, para valorar o patrimonio musical, valorando a importancia do seu mantemento e da súa difusión, e do respecto co que deben afrontar as audicións e as representacións.
B2.1. Entender a voz como instrumento e recurso expresivo, partindo da canción e das súas posibilidades para interpretar, crear e improvisar.
B2.2. Interpretar composicións sinxelas que conteñan procedementos musicais de repetición, variación e contraste, en solitario ou en grupo, mediante a voz ou instrumentos, utilizando a linguaxe musical, asumindo a responsabilidade na interpretación en grupo e respectando tanto as achegas das demais persoas como a persoa que asuma a dirección.
B2.3. Explorar e utilizar as posibilidades sonoras e expresivas de diferentes materiais, instrumentos e dispositivos electrónicos.
B3.1. Adquirir capacidades expresivas e creativas que ofrecen a expresión corporal e a danza, valorar a súa achega ao patrimonio, e gozar coa súa interpretación como unha forma de interacción social.
English evaluation criteria:
B1.1. Identificar o sentido xeral, a información esencial e os puntos principais en textos orais moi breves e sinxelos en lingua estándar, con estruturas simples e léxico de uso moi frecuente, articulados con claridade e lentamente e transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, sobre temas habituais e concretos relacionados coas propias experiencias, necesidades e intereses en contextos cotiáns predicibles ou relativos a áreas de necesidade inmediata nos ámbitos persoal, público e educativo, sempre que as condicións acústicas sexan boas e non distorsionen a mensaxe, que se poida volver escoitar o devandito ou pedir confirmación e conte con apoio visual ou cunha clara referencia contextual.
B1.2. Coñecer e saber aplicar as estratexias básicas máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, a información esencial ou os puntos principais do texto.
B1.3. Utilizar as indicacións do contexto e da información contida no texto para facerse unha idea dos significados probables de palabras e expresións que se descoñecen.
B1.4. Discriminar patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos e recoñecer os significados e intencións comunicativas xerais relacionados con estes.
B2.1. Participar de maneira simple e comprensible en conversas moi breves que requiran un intercambio directo de información en áreas de necesidade inmediata ou sobre temas moi familiares (un mesmo, a contorna inmediata, persoas, lugares, obxectos e actividades, gustos e opinións), nun rexistro neutro ou informal, utilizando expresións e frases sinxelas e de uso moi frecuente, normalmente illadas ou enlazadas con conectores básicos, aínda que en ocasións a pronuncia non sexa moi clara, sexan evidentes as pausas e titubeos e sexa necesaria a repetición, a paráfrase e a cooperación da persoa interlocutora para manter a comunicación.
B2.2. Coñecer e saber aplicar as estratexias básicas para producir textos orais monolóxicos ou dialóxicos moi breves e sinxelos, utilizando, p. e., fórmulas e linguaxe prefabricado ou expresións memorizadas, ou apoiando con xestos o que se quere expresar.
B2.3. Articular, de maneira polo xeral comprensible pero con evidente influencia da primeira ou outras linguas, un repertorio moi limitado de patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos, adaptándoos á función comunicativa que se quere levar a cabo.
B2.4. Facerse entender en intervencións breves e sinxelas, aínda que resulten evidentes e frecuentes os titubeos iniciais, as vacilacións, as repeticións e as pausas para organizar, corrixir ou reformular o que se quere dicir.
B2.5. Interactuar de maneira moi básica, utilizando técnicas moi simples, lingüísticas ou non verbais (p. e. xestos ou contacto físico) para iniciar, manter ou concluír unha breve conversa.
B3.1. Identificar o tema, o sentido xeral, as ideas principais e información específica en textos, tanto en formato impreso como en soporte dixital, moi breves e sinxelos, en lingua estándar e cun léxico de alta frecuencia, e nos que o tema tratado e o tipo de texto resulten moi familiares, cotiáns ou de necesidade inmediata, a condición de que se poida reler o que non se entendeu, que se poida consultar un dicionario e conte con apoio visual e contextual. B3.2. Coñecer e saber aplicar as estratexias básicas máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, a información esencial ou os puntos principais do texto.
B3.3. Inferir do contexto e da información contida no texto os significados probables de palabras e expresións que se descoñecen.
B3.4. Recoñecer os signos ortográficos básicos (p. e. punto, coma), así como símbolos de uso frecuente (p. e. ☺, @, ₤), e identificar os significados e intencións comunicativas xerais relacionados con estes.
B4.1. Construír, en papel ou en soporte electrónico, textos moi curtos e sinxelos, compostos de frases simples illadas, nun rexistro neutro ou informal, utilizando con razoable corrección as convencións ortográficas básicas e os principais signos de puntuación, para falar de si mesmo/a, da súa contorna máis inmediata e de aspectos da súa vida cotiá, en situacións familiares e predicibles.
B4.2. Coñecer e aplicar as estratexias básicas para producir textos escritos moi breves e sinxelos, p. e. copiando palabras e frases moi usuais para realizar as funcións comunicativas que se perseguen.
B4.3. Aplicar patróns gráficos e convencións ortográficas básicas para escribir con razoable corrección palabras ou frases curtas que se utilizan normalmente ao falar, pero non necesariamente cunha ortografía totalmente normalizada.
B4.4. Facer uso das ferramentas informáticas para completar actividades predeseñadas polo persoal docente.
B4.5. Usar correctamente o dicionario bilingüe, biblioteca de aula e outros materiais de consulta para a elaboración de textos, respectando as súas normas de funcionamento.
B5.1. Identificar aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos, concretos e significativos, sobre a vida cotiá (hábitos, horarios, actividades ou celebracións), condicións de vida (vivenda, contorna), relacións interpersoais (familiares, de amizade ou escolares), comportamento (xestos habituais, uso da voz ou contacto físico) e convencións sociais (normas de cortesía), e aplicar os coñecementos adquiridos sobre estes a unha comprensión adecuada do texto.
B5.2. Recoñecer aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos, concretos e significativos, e aplicar os coñecementos adquiridos sobre estes a unha produción oral e escrita adecuada ao contexto, respectando as convencións comunicativas máis elementais.
B5.3. Distinguir a función ou funcións comunicativas principais do texto (p. e. unha demanda de información, unha orde, ou un ofrecemento) e un repertorio limitado dos seus expoñentes máis habituais, así como os patróns discursivos básicos (p. e. inicio e peche conversacional, ou os puntos dunha narración esquemática, inicio e peche dunha carta, ou os puntos dunha descrición esquemática).
B5.4. Recoñecer os significados máis comúns asociados ás estruturas sintácticas básicas propias da comunicación oral ou escrita (p. e estrutura interrogativa para demandar información).
B5.5. Recoñecer un repertorio limitado de léxico oral ou escrito de alta frecuencia relativo a situacións cotiás e temas habituais e concretos relacionados coas propias experiencias, necesidades e intereses.
B5.6. Cumprir a función comunicativa principal do texto (p. e. unha felicitación, un intercambio de información, ou un ofrecemento), utilizando un repertorio limitado dos seus expoñentes máis frecuentes e de patróns discursivos básicos (p. e. saúdos para inicio e despedida para peche en conversas ou en correspondencia, ou unha narración esquemática desenvolvida en puntos.
B5.8. Manexar estruturas sintácticas básicas (p. e. enlazar palabras ou grupos de palabras con conectores básicos como “e”, entón”, “pero”, “porque”), aínda que se sigan cometendo erros básicos de maneira sistemática en, p. e., tempos verbais ou na concordancia.
B5.10. Iniciar e rematar as interaccións adecuadamente en situacións reais ou simuladas en contextos menos dirixidos.
B5.11. Comparar aspectos lingüísticos e culturais das linguas que coñece para mellorar na súa aprendizaxe e lograr unha competencia integrada a través de producións audiovisuais ou multimedia e de manifestacións artísticas (horarios, hábitos, festividades…).
B5.12. Indagar a realidade plurilingüe e multicultural das familias e da súa contorna, e identificar semellanzas e diferenzas, evitando os estereotipos.
Music standards:
EMB1.1.1. Identifica, clasifica e describe as calidades dos sons do contexto natural e social, utilizando un vocabulario preciso.
EMB1.2.1. Distingue tipos de voces, instrumentos, variacións e contrastes de velocidade e intensidade, tras a escoita de obras musicais, con capacidade para emitir unha valoración destas.
EMB1.2.2. Interésase por descubrir obras musicais de diferentes características, e utilízaas como marco de referencia para as creacións propias.
EMB1.3.1. Coñece, entende e cumpre as normas de comportamento en audicións e representacións musicais.
EMB1.3.2. Comprende, acepta e respecta o contido das normas que regulan a propiedade intelectual canto á reprodución e a copia de obras musicais.
EMB2.1.1. Recoñece e describe as calidades da voz a través de audicións diversas, e recréaas.
EMB2.2.1. Recoñece e clasifica instrumentos acústicos e electrónicos, diferentes rexistros da voz, e agrupacións vocais e instrumentais.
EMB2.2.2. Utiliza a linguaxe musical para a interpretación de obras.
EMB2.2.3. Traduce á linguaxe musical convencional melodías e ritmos sinxelos.
EMB2.2.4. Interpreta pezas vocais e instrumentais de diferentes épocas, estilos e culturas para distintos agrupamentos, con e sen acompañamento
EMB2.2.5. Coñece e interpreta cancións de distintos lugares, épocas e estilos, e valora a súa achega ao enriquecemento persoal, social e cultural.
EMB2.2.6. Amosa respecto polo traballo das demais persoas e responsabilidade no traballo individual e colectivo.
EMB2.2.7. Analiza as interpretacións feitas, recoñece erros e amosa interese por traballar para corrixilos.
EMB2.3.1. Procura información bibliográfica, en medios de comunicación e en internet sobre instrumentos, compositores/as, intérpretes e eventos musicais.
EMB2.3.2. Presenta e expón a información de xeito claro, ordenado e limpo en varios soportes.
EMB2.3.3. Utiliza os medios audiovisuais e recursos informáticos para crear pezas musicais e para a sonorización de imaxes e representacións dramáticas.
EMB3.1.1. Identifica o corpo como instrumento para a expresión de sentimentos e emocións, e como forma de interacción social.
EMB3.1.2. Controla a postura e a coordinación coa música cando interpreta danzas.
EMB3.1.3. Coñece danzas de distintas épocas e lugares, e valora a súa achega ao patrimonio artístico e cultural.
EMB3.1.4. Reproduce e goza interpretando danzas tradicionais españolas, e entende a importancia da súa continuidade e o traslado ás xeracións futuras.
EMB3.1.5. Inventa coreografías de grupo que corresponden coa forma interna dunha obra musical e supón unha orde espacial e temporal.
EMB3.1.6. Analiza as danzas realizadas, recoñece os erros e amosa interese por mellorar o produto.
EMB3.1.7. Respecta o traballo en grupo e participa nel de xeito pracenteiro, amosando confianza nas propias posibilidades e nas das demais persoas.
EMB3.1.8. Amosa respecto polas demais persoas e colaboración con elas.
English standards:
PLEB1.3. Entende o que se lle di en transaccións habituais sinxelas (instrucións, indicacións, peticións, avisos).
PLEB1.5. Entende a información esencial en conversas breves e sinxelas nas que participa, que traten sobre temas familiares como, por exemplo, un mesmo, a familia, a escola, o tempo libre, a descrición dun obxecto ou un lugar.
PLEB1.6. Comprende as ideas principais de presentacións sinxelas e ben estruturadas sobre temas familiares ou do seu interese (por exemplo, música, deporte etc.), a condición de que conte con imaxes e ilustracións e se fale de maneira alta e clara.
PLEB1.7. Comprende o sentido xeral e o esencial e distingue os cambios de tema de programas de televisión ou doutro material audiovisual e multimedia dentro da súa área de interese (p. e. nos que se entrevista a mozos e mozas ou personaxes coñecidos ou coñecidas sobre temas cotiás (por exemplo, o que lles gusta facer no seu tempo libre) ou nos que se informa sobre actividades de lecer (teatro, cinema, eventos deportivos etc.).
PLEB2.1. Fai presentacións breves e sinxelas, previamente preparadas e ensaiadas, sobre temas cotiás ou do seu interese (presentarse e presentar a outras persoas; dar información básica sobre si mesmo, a súa familia e a súa clase; indicar as súas afeccións e intereses e as principais actividades do seu día a día; describir brevemente e de maneira sinxela a súa habitación, o seu menú preferido, o aspecto exterior dunha persoa, ou un obxecto; presentar un tema que lle interese (o seu grupo de música preferido); dicir o que lle gusta e non lle gusta e dar a súa opinión)usando estruturas sinxelas e cunha pronuncia e entoación comprensible.
PLEB3.2. Comprende información esencial e localiza información específica en material informativo sinxelo como menús, horarios, catálogos, listas de prezos, anuncios, guías telefónicas, publicidade, folletos turísticos, programas culturais ou de eventos etc.
PLEB3.4. Comprende o esencial e os puntos principais de noticias breves e artigos de revistas para mozas e mozos que traten temas que lle sexan familiares ou sexan do seu interese (deportes, grupos musicais, xogos de ordenador).
PLEB3.6. Emprega de forma axeitada os signos ortográficos básicos (p. e. punto, coma), así como símbolos de uso frecuente (p. e. ☺, @, ₤).
PLEB4.2. . Escribe correspondencia persoal breve e simple (mensaxes, notas, postais, correos, chats ou SMS) na que dá as grazas, felicita a alguén, fai unha invitación, dá instrucións, ou fala de si mesmo/a e da súa contorna inmediata (familia, amigos e amigas, afeccións, actividades cotiás, obxectos e lugares) e fai preguntas relativas a estes temas.
PLEB5.1 Entende a información esencial en conversas breves e sinxelas nas que participa que traten sobre temas familiares como, por exemplo, un mesmo, a familia, a escola, o tempo libre, a descrición dun obxecto ou dun lugar.
PLEB5.3. Participa en conversas cara a cara ou por medios técnicos (teléfono, Skype) nas que se establece contacto social (dar as grazas, saudar, despedirse, dirixirse a alguén, pedir desculpas, presentarse, interesarse polo estado de alguén, felicitar a alguén), se intercambia información persoal e sobre asuntos cotiás, se expresan sentimentos, se ofrece algo a alguén, se pide prestado algo, queda con amigos e amigas ou se dan instrucións (p. e. como se chega a un sitio con axuda dun plano).
PLEB5.5. Compara aspectos lingüísticos e culturais das linguas que coñece para mellorar na súa aprendizaxe e lograr unha competencia integrada a través de producións audiovisuais ou multimedia e de manifestacións artísticas.